Escola de Quintáns

VISÍTANOS A NAI DE MIGUEL

Os nenos de infantil estamos aprendendo cousas sobre os bosques e en primaria, estudamos un monte de cousas interesantes sobre as prantas.

Que mellor maneira para aprender aínda máis destes cousas que velas de preto! Así pois, convidamos  a Isabel, a nai de Miguel a vir á escola xa que ela é florista e sabe un montón de cousas sobre flores e prantas de todo tipo. Tanto silvestres como cultivadas.

Cando chegou xa nos entusiasmamos, xa que traía unha morea de cousas bonitas para que visemos. Plantas de interior, de exterior, árbores froiteiras...

Explicounos como prantar árbores e como coidar ben as plantas. Ensinounos unhas flores ben bonitas, e ademais díxonos que os tulipáns viñan de Holanda!

Foi unha visita moi agradable por todo o que aprendemos, pero ademais antes de irse, fíxonos un agasallo estupendo. Un clavel para cada un e tamén uns caramelos.

Moitas gracias por visitarnos Isabel! 

PARABÉNS ROI!

MARZO MARZAL,

E ROI XA ESTÁ FEITO UN CHAVAL!

MARZO MARZOLO,

E ROI XA SE FIXO UN RAPAZOLO!

 

NO MES DE MARZO COA PRIMAVERA MEDRAN AS FLORES...E OS NENOS!

NOVAS DO PROFE IVÁN!

Un día chegounos unha carta á escola nun sobre de cor Rosa. Viña dirixido á Escola de Quintáns. 

Abrímolo para saber de quen viña e a nosa sorpresa foi...

Que era do Profe Iván que estivo con nós fai 2 cursos! Na clase de infantil só o chegou a coñecer Hugo, xa que os outros nenos e nenas aínda non estaban con nós na escola.

Que ilusión nos fixo! Encantounos saber del e recibir as súas mostras de cariño a través dunha bonita postal cunha vaca vermella!

Fixemos unha foto para enviarlla e que se puxera contento de saber de nós! Despois levamos a postal para a aula de primaria, onde están agora case todos os que foron alumnos do Profe Iván e alí a pegamos coas nosas cartas especiais como as que nos manda Daniel.

Foi unha sorpresa moi agradable!

VIVAN AS CRAOLIMPIADAS!

Este curso tivemos a sorte de poder visitar o polideportivo de Rianxo e ademais a temática era ben bonita. As olimpiadas. Así pois, en vista de que íamos ter que participar nas nosas CRAolimpiadas, decidimos facelo de cheo. Estudamos sobre as primeiras olimpiadas, a orixe dos aros olímpicos e outras cousas interesantes. Na clase de primaria ademais, centrámonos en Barcelona 92 e coñecemos a Cobi! Unha mascota ben divertida. Tamén lle puxémos o toque musical cos Manolos, un grupo español que, entre moitos outros, puxo música a estes xogos olímpicos no 92. Finalmente coloreamos os nosos dorsais, e fomos ó polideportivo para disfrutar do día como podedes ver neste vídeo.

Que o disfrutedes tanto como nós o fixemos! 

 

MARCOS TRAE A UNHA AMIGA

Despois de cumplir coa misión do Capitán Planeta, surxiu entre todos os nenos e nenas da escola, unha forte curiosidade polos bechos. Tanto foi así, que Marcos fixo unha nova amiga no parque.

Nada máis e nada menos que unha langosta ben grande! Pero non das do mar, senón un insecto. Él tróuxoa encerrada nunha caixa de plástico aberta por unha esquina para que poidese respirar ben e ademáis traia unha idea na cabeza que nos gustou a todos. Marcos pensaba que o insecto levaba preso moito tempo, xa que a capturara con coidado o día anterior, e polo tanto desexaba liberala na herba, ó lado da escola.

Un final ben bonito, xa que os seres vivos deben estar sempre felices e en contornas agradables. Antes de ceibalo iso si, fixemos unha investigación na clase, como bos científicos que somos.

Contámoslle as patas para comprobar que tivese 6, e polo tanto confirmar que era un insecto, indagamos sobre a súa familia en internet e comparámola incluso cun dos murais de animais da nosa aula, para ollar as semellanzas e diferenzas. 

Finalmente despedímonos dela e ceibámola con moito cariño na herba próxima á escola.

Foi unha experiencia ben bonita! Aquí vola deixamos!


VISITAMOS PADRÓN

Despois de aprazar a nosa visita á casa de Rosalía e ó Xardín Botánico por mor da chuvia, por fin puidemos visitar a Matanza, ver onde vivía Rosalía, fotos familiares dela e ata ver un agasallo que o noso Daniel Castelao lle fixo fai moitos anos. Despois de merendar, baixamos ó Xardín Botánico onde puidemos ver un feixe de árbores curiosas e interesantes. Foi un día fantástico e aínda que caeron unhas gotiñas, non puideron con nós! 

Aquí vos queda un vídeo da nosa viaxe que agardamos que vos guste!

 

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.

Na clase de primaria de Quintáns, mergullámonos de cheo na semana da prensa investigando xornais e revistas de todos os tipos e decatándonos de que a prensa non está só nos xornais que foi un gran descubrimento! Pero démonos de conta de que esa mesma semana, o día 8 de marzo máis concretamente, celebrábase  o Día Internacional da Muller.

Era demasiado traballo, así que pensamos un xeito de unir as dúas cousas. Finalmente decidimonos a empezar investigando na prensa sobre o día da muller, e cunha guia de xornais do mundo que nos enviou o noso amigo Daniel dende a biblioteca, puxémonos mans á obra.

Miramos xornais de moitos países! De Inglaterra, de Estados Unidos, ata de África. Soprendeunos moito que en algúns xornais se lle adicaban varias novas ó día da muller, pero sen embargo nos de África case nada, miramos o porqué, e decatámonos de que por desgraza, había demasiadas novas importantes de traxedias. Foi algo que nos fixo pensar moito.

Por outra parte quixémoslle regalar a algunha das mulleres especiais das nosas vidas, un corazón especial neste día sinalado.

De novo unido á prensa, lanzámonos a facer os nosos corazóns con anacos de prensa e con deceas de letras de cores, Saiunos un resultado xenial e moi especial. 

Aquí vos deixamos o resultado e agardamos que vos guste!

DANIEL, MÚSICA E ROSALÍA, QUE REGALÍA!

NO SEGUNDO TRIMESTRE TIVEMOS A SORTE DE RECIBIR OUTRA INVITACIÓN DE DANIEL PARA VISITAR A NOSA QUERIDA BIBLIOTECA. 

ALÍ AGARDÁBANOS UN FEIXE DE MAXIA E LEDICIA COMO SEMPRE! DENDE ROSALÍA EN TÍTERE, ATA A MÚSICA ENGAIOLADORA DA PROFE CRIS E A SÚA FRAUTA. UNHA VIAXE COA NEGRA SOMBRA DA PROFE PATRI A TRAVÉS DA CASA DA MATANZA.

O PROFE RUBÉN TAMÉN PUXO UNHA MOREA DE NOTAS MUSICAIS PARA FACER DESTA VISITA UNHA MARABILLA CARGADA DE MÚSICA, POEMAS E BOAS LECTURAS COMO SEMPRE.

AQUÍ VOS DEIXAMOS UN DIVERTIDO VÍDEO DO NOSO PASO POLA BIBLIOTECA DAS AMIGAS E AMIGOS DE DANIEL.

DESEXAMOS QUE VOS GUSTE TANTO COMO NOS GUSTOU A NÓS A VISITA!

E MOITAS GRAZAS @S NOS@S MARABILLOSOS PROFES POR FACELA POSIBLE!

  

PARABÉNS AINOA!

E NO MES DE FEBREIRO....AINOA CUMPRIU ANOS E NÓS PAPAMOS UN BISCOITO ENTEIRO!

PARABÉNS AINOA!Beso

DÍA DE ROSALÍA-ROSALÍAS POP ART E MOUCHIÑOS.

O 24 DE FEBREIRO NA ESCOLA DE QUINTÁNS CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA. A FIGURA DA ESCRITORA ACOMPAÑOUNOS DURANTE SEMANAS ANTES CO FIN DE PODER MERGULLARNOS NA SÚA VIDA, NA SÚA OBRA E PODER DISFRUTAR DE TODO O QUE NOS PODÍA APORTAR NON SÓ ELA, SENÓN TODO O QUE A RODEA.

EN PRIMARIA, INSPIRÁNDONOS NA TÉCNICA QUE EMPREGARON OS NOSOS COMPAÑEIR@S DE CAPELA INFANTIL PARA FACER O SEU CALENDARIO, REALIZAMOS AS NOSAS "ROSALÍAS POP ART" CON ACETATOS E MOITOS FOLIOS DE CORES. FOI DIVERTIDO VER COMO A CARA DE ROSALÍA RITA SE TORNABA DE MIL TONS DIFERENTES, CREANDO UN POP ART COMO OS QUE O MESMÍSIMO ANDY WARHOL FIXO FAI MOITOS ANOS XA!

PERO NA CLASE DE INFANTIL, A CELEBRACIÓN NON ÍA SER MENOS. AQUÍ VOS DEIXAMOS ESTE VÍDEO CUNHA DAS NOSAS CANCIÓNS FAVORITAS INSPIRADA NUN DOS POEMAS ROSALIANOS. ESTAMOS FEITOS UNS ARTISTAS POLIFACÉTICOS! TANTO PINTAMOS, CORTAMOS OU RECITAMOS, COMO BAILAMOS AO SON DE MIGALLAS!

DISFRUTÁDEO E FELIZ DÍA DE ROSALÍA PARA TOD@S!

 

Distribuir contido