2022-2023

Actividades desenvoltas ao longo do curso 22-23

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA:20 DE NOVEMBRO DE 2022

 
Que mellor forma de conmemorar este día que con unha xornada de xogos tradicionais coas familias, GRAZAS!
 

NUNCA MÁIS

HAI 20 ANOS MANUEL AÍNDA NON NACERA.
PERO JOSE, O SEU PAI, SI.

JOSE, DAQUELA UN NOVÍSIMO MARIÑEIRO, SAÍU DURANTE VARIAS XORNADAS AO MAR A TENTAR FREAR A ENTRADA
Á RÍA DA AROUSA DA INMENSA MAREA DE CHAPAPOTE NEGRO QUE SAÍA DO PRESTIGE.
COMA EL, OUTROS PAIS E NAIS, AVÓS E AVOAS, VECIÑAS E VECIÑOS BOTÁRONSE AO MAR, AOS PEIRAOS, ÁS PRAIS E ÁS RÚAS HAI AGORA 20 ANOS.
GRAZAS A ELES E ELAS SOUBEMOS DUNHA GRANDE CATÁSTROFE MEDIOAMBIENTAL QUE SUFRIMOS 
PERO TAMÉN DO GRANDE VALOR E A DETERMINACIÓN DA NOSA XENTE.
E CON ELES APRENDIMOS TAMÉN A DICIR: NUNCA MÁIS!

   

 

TEATRO

20 ANOS DO AFUNDIMENTO DO PRESTIGE

 

Hoxe coñecemos o que sucedeu o día 13 de novembro do ano 2002, fai vinte anos: o afundimento do petroleiro Prestige. Unha catástrofe ecolóxica que movilizou a toda unha marea branca, solidaria, para limpar o noso mar.

Fixemos un mural cun mar cheo de petróleo:

Pobres peixiños do mar:

Nin sardiñas nin xurelos,

nin gaivotas nin cormoráns,

todos negros, todos negros,

todos negros...

¡NUNCA MÁIS!

Os nenos dicimos...

PRESTIGE navegando, NON

Petróleo no noso mar, NON

Contaminación na costa, NON

Animais mortos, NON

Xente sen traballo, NON

Mariñeiros tristes, NON

 

 

Sesión con Avoar

Eleccións dos representantes de nais, pais e titores legais ao Consello Escolar

No arquivo adxunto está toda a información relacionado co procedemento das eleccións das familias no Consello Escolar.

Se algunha familia se anima a presentar candidatura que se poña en contacto coa dirección para achegarlle o papel necesario.

Animádevos a participar, tanto como candidatos como nas votacións, o consello escolar é o órgano colexiado de toda a comunidade educativa.

 

CIENCIA NA ESCOLA: MALETA CIENTÍFICA VIAXEIRA 2022-2023

 

Esta semana comeza a rotar polas nosas escolas a maleta científica viaxiera 2022-2023 do Club de Ciencia. A maleta proporciónanos libros,materiais e utensilios para implementar a experimentación científica nas nosas aulas. Iniciará o seu percorrido na escola de Quintáns e permanecerá durante un mes en cada escola. A maleta vai acompañada dunha libreta onde podemos deixar recollida á nosa experiencia.

A continuación deixamos unha mostra das experiencias e comentarios recollidos na libreta viaxeira do curso pasado.

  

 

Dende o club de ciencia esperamos que o pasedes moi ben con esta actividade e que aprendades un montón.Non vos esquezades de anotar todo na libreta viaxeira!

Bicos! Ata a próxima!

CIENCIA NA ESCOLA 22-23: MUSEO DO MONTE EN CRUCEIRO

Os nosos compañeiros e compañeiras da Escola Rosalía de Castro de Cruceiro están creando un Museo do Monte como parte das actividades relacionadas co P.D.I. que estamos desenvolvendo este curso no noso centro  titulado "Monte vivo".

 

Con este proxecto non só pretendemos acercarnos ao monte dende o punto de vista científico, queremos coñecer o monte para amalo, coidalo e defendelo como fonte de vida:

Bravo compañeir@s! Encántanos o voso museo! Ata á próxima!

Distribuir contido