CIENCIA NA ESCOLA: SEMANA DA CIENCIA CON ARENARIA

Ao longo da derradeira semana de xaneiro os nosos amigos María e David de Arenaria percorreron as nosas escolas para levar a cabo a semana da ciencia. Trouxéronnos moitas cousas incribles nestas sesións divulgativas que tiveron lugar nas nosas aulas.

Pasámolo xenial e aprendemos un montón de cousas sobre o monte, implementando nas nosas aulas experiencias para enriquecer o proxecto documental integrado que traballamos este ano "Monte Vivo".