CIENCIA NA ESCOLA: BENVIDOS E BENVIDAS AO RECANTO CIENTÍFICO DA BIBLIOTECA DE DANIEL

Con moito esforzo dende o Club de Ciencia fumos quen de crear o recanto científico na biblioteca do centro antes de rematar este curso 2020-2021. Deixamos preparado este espazo de cara ao curso que ven co obxectivo de crear unha maleta científica viaxeira que rote polas nosas escolas a partires do inicio do vindeiro curso para implementar a experiencia científica nas nosas aulas.

   

Iniciamos así esta nova aventura que se le levará a cabo nas nosas escolas a partires do curso que ven. Dotaremos a maleta viaxeira con todo este material para que os nosos nenos e nenas poidan achegarse ao mundo da ciencia tal e como corresponde ás súas idades a través da hipótese, da manipulación, da experimentación e da observación. Contamos con microscopios dixitais, placas de petri, probeta graduada, tubos de ensaio, pinzas, lupas, manga para insectos, brúxulas, prisma óptico..... e bibliografía que lles permitirá levar a cabo un sin fin de experimentos que den resposta as súas inquietudes científicas e esperten neles a cusiosidade polo mundo da ciencia.

      

Xa vos iremos contando como nos vai con esta nova experiencia. Mentres tanto dende o Club de Ciencia desexámosvos un feliz verán ! Vémonos o curso que ven!! Bicos!!