Estado de alarma por Coronavirus!

Tocan momentos complicados pero en Outeiro non pensamos parar, só cambiamos a forma. Precisamos unha colaboración familia-escola máis forte que nunca! 

As programacións semanais serán enviadas por correo electrónico ás familias, personalizadas por idades. A maiores teremos a aula virtual na que se colgarán cousas máis xerais e propostas por parte dos especialistas. Ánimo a todos!