Presentación do Proxecto de Internacionalización do C.R.A. de Rianxo

Os nosos compañeiros Baltasar e Pablo, presentaron o Proxecto de Internacionalización do C.R.A. de Rianxo, dentro das Xornadas de Internacionalización Educativa organizadas polo CAFI.

Estas xornadas ás que asistiron profesores e profesoras  de centros públicos de todas as etapas educativas da Comunidade Galega clebráronse o sábado 19 de outbro en Santiago e alí expúseronse diversas experiencias de internacionalización que se levan adiante en centros públicos galegos.