O Cruceiro do Laxido e a Fonte do Barral

EU SON ALEX, XA CUMPRIN OS 5 ANOS E VOU Á ESCOLA DO PAZO

ESTOU CO MEU IRMÁN CARLOS E XUNTOS DEMOS UN PASEO

POLA NOSA ALDEA E ARREDORES, O BARRAL E O LAXIDO.

ESTE É O CRUCEIRO DO LAXIDO  

 O cruceiro do Laxido sitúase nunha encrucillada de camiños entre Vilas, Outeiro e Lustres. Parece moi antigo e posiblemente sexa do século XVII. Aséntase nunha plataforma octogonal, de aí a súa singularidade, pois os que acostumamos a ver teñen a base cadrada. Ten unha imaxe de San Andrés no seu fuste.

ESTA É A FONTE DO BARRAL. A SÚA AUGA PODESE BEBER POR ISO

SON MOITOS OS VECIÑOS QUE VEÑEN A BUSCALA.

OS MEUS BISAVÓS XA VIÑAN AQUÍ A BUSCAR A AUGA.

  Juan Carlos, Rosa, Carlos e  Alex