Cruceiros

Cruceiro en Quintáns

Cruceiro en Quintáns, ao pé do Río Ulla.

 

"... cada cruceiro é unha oración de pedra que fixo baixar un perdón do Ceo, polo arrepentimento de quen o pagou e polo gran sentimento de quen o fixo. " Castelao "Cousas"

Os cruceiros son elementos da arte popular especialmente singulares e definidores da nosa identidade: tanto na súa concepción como na súa construcción son obra dos canteiros, artistas populares, teñen unha grande diversidade de configuracións e imaxinería, pertencen á colectividade e para cada cruceiro hai lendas e tradicións, que explican a súa orixe e sucesos singulares que aconteceron ao seu carón ou como consecuencia da súa mediación ou influencia.

A súa orixe dátase arredores do século XIV, o seu maior desenrolo prodúcese no século XVII. Adoitan ter os seguintes elementos: plataforma, pedestal, fuste, capitel e cruz, algúns cruceiros incorporan entre o fuste e a cruz unha capeliña con santos, son os cruceiros de peto. Pola súa configuración en Rianxo distinguimos, cruceiro, cruceiros de peto e cruces.

PARROQUIA DE ISORNA

PARROQUIA DE LEIRO