FELIZ ANIVERSARIO VALERIA!

Na escola de Quintáns, hoxe tocou festexar os aniversarios de Setembro para poñer punto e final a este marabilloso mes de volta ó cole.

A sorpresa foi que só Valeria cumpriu anos este mes, nin máis nin menos que 4!

Pero iso non foi problema, porque todos os nenos da escola fixemos unha gran festa para celebralo, e ademais Valeria convidounos a Biscoito con chocolate e zumes!

FELIZ ANIVERSARIO VALERIA!