AS NOSAS CAIXAS DOS TESOUROS

O día que a mestra Isa nos ensinou a súa caixa de tesouros, foi tal a expectación que decidimos que tamén queriamos ter unha caixa dos tesouros propia; pero unha caixa de tesouros non se merca en ningunha tenda, senón que se vai enchendo con pequenos obxectos que nos traen lembranzas e nos transportan a momentos máxicos. Aquí están as nosas para comezar a enchelas... Algún día as compartiremos con vós porque... para que serve unha caixa de tesouros se non é para compartila cos demáis?