Vamos de excursión á granxa escola!

O martes 24 de maio fomos de excursión á GRANXA ESCOLA DE BERGANDO. O grupo dos "cabalos e eguas domad@s" pasámolo moi ben realizando diferentes obradoiros gandeiros: hípica, xogos cooperativos, obradoiro de manualidades, obradoiro de cociña, coidados de animais... así como un gran xantar no que gozamos todos e todas xunt@s. Aquí vos deixamos unha pequeniña mostra da nosa aventura...