Primaria

DÍA DA FAMILIA 15 DE MAIO.

As nenas e nenos de 1º e 2º elaboraron o xogo de tres en raia, reutilizando corchos e empregando unha bolsa de tea para debuxalo. Esperamos que vos gustara un montón, fixéronno con moita ilusión.

Dinámicas da aula de 2º

         

Na aula de segundo realizamos varias dinámicas: todos os días escribimos e analizamos frases positivas e temos uns corazóns cos nosos nomes onde as nosas compañeiras e compañeiros poden deixarnos mensaxes bonitos para alegrarnos o día.

Este curso elaboramos un panel coas nosas palabras máxicas (Perdón, gracias, te quiero...), e nosa profe de inglés, completouno coas mesas palabras en ingles. 

      

Actividade de 1º e 2º MEL DE GALICIA.

RECIBIMOS A CHARLA DUNHA ESPECIALISTA EN APICULTURA ONDE NOS EXPLICOU A IMPORTANCIA DO COIDADO DO MEDIO AMBIENTE, DAS ABELLAS, OS BENEFICIOS DO CONSUMO DA MEL NATURAL. AGASALLÁRONNOS CUN BOTE DE MEL DE GALICIA PARA DEGUSTALO E REFLEXIONAMOS SOBRE O CONSUMO SOSTIBLE.

 

 

      

                 

               

 

 

 

Conta comigo 2º de Primaria

O mércores 10 de maio tivemos unha visita moi especial da nai de Álvaro, que nos contou un conto xenial "Hola optimismo", co que aprendimos que podemos conseguir facer moitas cousas con esforzo e con pensamentos positivos. Despois, fixemos un montón de retos cun balón. Pasámolo super ben!

                                                                    

Agora a seguir practicando en casa para poder conseguilos todos!

Grazas Sara. 

 

 

VIsita do Hematocrítico.

Os nenos e nenas de 1º e 2º recibiron no segundo trimestre a visita dun autor "O HEMATOCRÍTICO", despois das lecturas que fixemos cada aula dun dos seus libros. Canto nos gusto! Que ben o pasamos! E ademaís conseguimos o seu autógrafo. FOI XENIAL!

 

     

             

 

As nenas e nenos de 1º e 2º de Primaria elaboramos o noso disfrace!

        

 

                          

                                                    

 

 

 

 

 

ViVa O EnTroiIDo!

       

 

 

                           

  

                      

 

 

 

 

 

23 de Abril de 2023: Día do libro con Pepablo

Para conmemorar o día do libro o Concello ofertou aos nen@s de 1º de Educación Primaria a visita do escritor Pepablo. Contoulles uha morea de historias do conto Lúa,para reflexionar sobre problemas da sociedade como as guerras, as froteiras entre os pobos ou as diferenzas sociais


 

 

       PARA REMATAR AGASALLOU Ó CENTRO CON               EXEMPLARES DO SEU CONTO  PARA A BIBLIOTECA

Excursión a Lugo.

 

                                                                                 

                    

Os nenos e nenas de primaria o mércores día 15 de xuño fomos de visita a Lugo. Estabamos moi ilusionados/as, xa que por fin, despois de moito tempo podíamos volver de saída e todos xuntos. Primeiro,de paseo pola muralla e pola cidade e despois unha ruta polo parque das formigas en San Clodio (Outeiro de Rei) Que ben o pasamos!

 

Aquí vos deixamos unhas imaxes para que vexades que chulada.

             

  

 

          

 

 

    

 

   

 

 

   

 

 

Distribuir contido