Ed. infantil
TRABALLANDO AS EMOCIÓNS: COMO ME SINTO HOXE?
Na clase xunto ao espazo da calma temos unha zona na que hai unha especie de estación onde podemos reflexar como me sinto hoxe?. Non é para facer todos os días, é para que se un día reflexionamos sobre deste tema ou ocorre algo que poida ser motivo de reflexión do noso estado de ánimo poidamos ir á estación do ánimo e reflexar alí como nos sentimos.
A continuación van unhas fotos dos nenos/as da clase colocando a súa foto no estado de ánimo dacordo ao que eles consideran que están sentindo nese momento.
VEN A SEDES!
Este video de promoción da parroquia de Sedes enmárcase no Proxecto de Centro, Pasiño a Pasiño imos polo no camiño. Dado que a primeira camiñata será en Sedes facemos un video promocional da parroquia cos espazos máis detacados para o alumnado de SEDES.
Agardamos gostedes moito.
Elaboración: Video Ven a Sedes
Dentro do noso proxecto decidimos elaborar un video que dise a coñecer a nosa parroquia ao resto do CRA, para isto empregamos as
tecnoloxías e seguimos os pasos que a continuación se detallan:
- eleximos os lugares
- sacamos fotos. A verdade é que só algunhas porque viñeron moitos días de moi mal tempo, pero imos tanto que xa tiñamos un montón.
- Eleximos en gran grupo o que queríamos dicir de cada lugar. Era importante que todas e todos falaran e participaran nesta parte porque tiña que ser un video que transmitise o sentir do grupo.
- Por último no programa dixital Canva eleximos fondos, letras, escribimos, gravamos o audio...
Foi un traballo bonito e completo, cun resultado moi emotivo que podedes ver na entrada seguinte.
XERMOLOS DE FELICIDADE
Comezamos o curso cunha actividade que reflexa o propósito da nosa Escola, a vontade de dar unha atención integral ás necesidades educativas dos nenos e nenas coa participación activa das familias.
A colaboración nesta actividade para que a plantiña creza forte, segura e fermosa, materializa o vínculo familia-escola como elemento necesario para que os nenos e nenas vivan esta etapa con plenitude.
Para realizar esta actividade inspirámonos no Libro SEMILLAS, de Desireé Acevedo, que reflexa a importancia desta etapa no desenvolvemento integral dos nenos e nenas
BO INICIO DE CURSO !!!
INARA CÓNTANOS, DANIELA PIRATA
DÍA DE ROSALÍA
O 23 de Febreiro é o día de Rosalía de Castro e, como ben sabedes, na Escola celebrámolo coa actividade ROSALÍA NA RÚA.
Ademais do video da actividade de todo o CRA, podedes ver todo o traballo na Escola de Sedes pintar as teas, decorar, plantar os pensamentos... que culminou cunha xoranada ben bonita no parque do Local. Que ben o pasamos, agardamos repetir moitas veces.
CONSELLIÑOS PARA O VERÁN
O EQUIPO DAS PROFES DE EDUCACIÓN INFANTIL DEIXAMOS ESTES CONSELLIÑOS PARA QUE DISFRUTEDES MOITO NO VERÁN.
DESEXÁMOSVOS UNHAS FELICES VACACIÓNS A TOD@S.
MOITOS BIQUIÑOS
CIRCUITO DE XOGOS. META: O VERÁN!!!!
CHEGOU A ÚLTIMA SEMANA E PARA DESPEDIRNOS QUERÍAMOS DEIXARVOS ESTE CIRCUITO.
PREPARÁDEVOS NA SAÍDA CON TODOS OS VOSOS AMIGOS E AMIGAS E IDE PARANDO EN CADA IMAXE DO VERÁN PARA DESCARGAR UN XOGO OU EXPERIMENTO, TODOS ESTÁN RELACIONADOS COA AUGA, SO PARA PASALO BEN E DISFRUTAR. A IDEA É QUE VOS QUEDE COMO UN BANCO DE RECURSOS PARA TODO O VERÁN, PARA FACER SOLOS OU EN COMPAÑÍA, CON NENOS, NENAS OU ADULTOS.
PARA REMATAR, NA META TEDES UNHA CANCIÓN DO VERÁN PARA DISFRUTALA BAILANDO!!!
BOAS VACACIÓNS!!!!!
"@S AMIG@S DO CRA DE NARÓN"-SEMANA DO 8-12 XUÑO
OLA NENOS E NENAS!
COMO LEVAMOS MOITO TEMPO SEN VERNOS,
ESTA SEMANA TOCA RECORDAR OS NOSOS AMIGOS E AMIGAS DO COLE.
A PROPOSTA VAI DA AMIZADE…UNHA AMIZADE VERDADEIRA, TRABALLO EN GRUPO E A AXUDA, IGUALDADE E A INCLUSIÓN, A IMPORTANCIA DA PERSEVERANCIA E O AMOR INCONDICINAL...
TEDES 5 APARTADIÑOS, CON 5 TEMÁTICAS:
PRIMEIRO 4 CONTOS PARA TRABALLAR VALORES DA AMIZADE E DESPOIS UN APARTADO PARA VER OS NOSOS COMPIS DA ESCOLA, DIVIDIDO POR IDADES
ESPERAMOS QUE VOS GUSTE.
BICOS
NESTE APARTADO ATOPARÁS AOS TEUS AMIG@S.
PRIMEIRO PREMA NO ESCUDO DO C.R.A.
ALÍ ATOPARÁS 2 ACTIVIDADES
PREME NA TÚA IDADE
DESCARGA O ARQUIVO PARA PODER XOGAR NO POWERPOINT DE XEITO INTERACTIVO
RETOS PARA DAR E TOMAR!!!
OLA AMIG@S, ESTA SEMANA A COUSA VAI DE RETOS, HAINOS DE TODO TIPO: FÁCILES, DIFÍCILES, SERIOS, DIVERTIDOS, DE LINGUA, DE MATES, DE MOVEMENTO...... E TAMÉN DE MEDIO AMBIENTE, POSTO QUE O 5 DE XUÑO CELÉBRASE O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE E NON QUERIAMOS ESQUECERNOS DESTA CELEBRACIÓN.
VEÑA, ANÍMASTE A FACER ALGÚN DOS RETOS QUE CHE PROPOÑEMOS?, SE TE ANIMAS PODES MANDARNOS A COMPROBACIÓN DE ALGÚN DOS QUE FIXECHES.
(pincha nas diferentes imaxes para ver os retos por temáticas)