Contacontos

xogos en familia

Seguimos disfrutando de momentos de xogo coas nosas familias.

Nesta ocasión á clase dos amarelos viñeron xogar connosco, Ángeles a madriña de Xela e Natalia a nai de Nicole e á clase dos verdes, Tetiana a nai de Misha e Sara a nai de Valeria. Empregamos  xogos de concentración , coordenación óculo-manual, observación, destreza manual, agudeza visual, cooperativos...e o máis importante moi divertidos e entretidos.

Moitas grazas a todas  por compartir connosco estes momentos tan familiares e divertidos! 

Aula dos amarelos: 4º infantil

Aula dos verdes: 6º infantil

CONTACOMIGO: SOY UN NARVAL

Esta semana tivemos a visita da mamá de Valería, veu contarnos un conto: "Soy un narval".

Un conto xenial cheo de purpurina e valores positivos. Traballa a autoestima d@s nen@s,

todos e todas temos unhas habilidades e fortalezas que fainos únic@s e especiais.

Despois convertímonos nun Narval.

Entre tod@s vimos as nosas habilidades e decoramos o noso amigo con purpurina e lentejuelas. 

Quedou moi BRILLI-BRILLI!

Pasámolo moi ben e encantounos todo o que preparaches para este día tan especial.

Moitas grazas e moitos bicos de purpurina!

CONTACONMIGO- CONTAFAMILIAS

HOXE NA CLASE DOS VERDES TIVEMOS A SORTE DE DESFRUTAR

DO CONTACONTOS DAS MAMIS DE LIAM Y TONI.

O CONTO ELEXIDO FOI " O MONSTRO DE CORES" E AS SÚAS EMOCIÓNS.

PRIMEIRO ESCOITAMOS CON ATENCIÓN E RELACIONAMOS CADA COR COA SÚA EMOCIÓN.

E DESPOIS REALIZAMOS UNHA SESIÓN DE IOGA.

PASÁMOLO XENIAL!

GRAZAS POR VIR UN RATIÑO Á ESCOLA CONNOSCO E GASALLARNOS CON ESTA ACTIVIDADE TAN CHULI. 

 

E MOITAS GRAZAS O PAPÁ DE LIAM POR FACER AS FOTOS PARA O RECORDO DESTE DÍA.

BICOS PARA OS TRES!

 

 

CONTACONTOS: XUNTOS PODEMOS( 6º INFANTIL-VAL)

COMEZAN OUTRO CURSO OS CONTACONTOS MÁIS ESPERADOS... OS DAS NOSAS FAMILIAS!

GRAZAS A TOD@S POR PARTICIPAR.

NO VAL XA DISFRUTAMOS DO PRIMEIRO.

CONTACONTO DAS NAIS E AVOA DA CLASE DE 6º DE INFANTIL.

( NAIS DE RAMÓN, VERA, ADRIÁN, MATÍN , AVOA E NAI DE HUGO)

REALIZARON A REPRESENTACIÓN DUN CONTO ORIXINAL, CREADO POR ELAS MESMAS.

TRATA DA IMPORTANCIA DO TRABALLO EN EQUIPO

PARA PODER LOGRAR E CONSTRUÍR COUSAS INCRÍBEIS.

TITÚLASE: " XUNTOS PODEMOS".

E PARA REMATAR FIXERON UN XOGO COOPERATIVO MOI CHULO

  

GRAZAS A TODAS POR ESTA ACTIVIDADE TAN DIVERTIDA

Distribuir contido