O Xogo da Telaraña

Ola de novo!!!

Agora traemos un xogo sinxelo para facer na casa, que non require de moito material...

 

Con gomas ou cordas, e cadeiras, se non sodes polo menos 4 para xogar, pasamos as gomas/cordas polas cadeiras facendo unha telaraña...o obxetivo do xogo é pasar sin tocala....podemos complicar a telaraña todo o que queiramos...Ollo!! pero sempre temos que deixar a posibilidade de poder pasar.

 

Se non tendes cordas ou gomas, tamen vale con cinta carrocero ou cinta aislante, inlcuso papel hixiénico...e incluso podemos poñela polo pasillo en lugar de usar cadeiras.

 

 

Ánimo e a complicar a telaraña todo o que a vosa imaxinación vos deixe....Incluso podemos poñer música e convertilo nunha "Mission Imposible"....