BENVIDO OUTONO

Comenzamos un novo curso cargados de ilusión e ademáis damos a benvida a esta estación do ano que nos deixa cores e paisaxes tan máxicos.

Dende a ANPA queremos recordar a tarefas que estamos a desenvolver no presente curso:

- continuamos co servizo de madrugadores no DOMIRON e implenmentámolo na escola do VAL

- organizamos as actividades extraescolares (ROBÓTICA, COCIÑA E PREDEPORTE) e as xestionamos cada mes

- xestións con CONCELLO (subvencións, diferentes reunións, papeleo...)

- estamos a preparar actividades para este trimestre relacionadas con coidado do medio ambiente (temática que xa tratamos o curso pasado)

- participar de forma activa no Consello Escolar

 

Por todo isto, é necesario recordar a importancia de facerse socio desta, nosa asociación.

E recordade, para calquera dúbida, pregunta ou suxestión podedes escribirnos ó noso mail: ampacranaron@gmail.com