DIEGO E FÁTIMA EN 1º DE EP: O OFICIO DE POLICIA E SESIÓN DE EDUCACIÓN VIAL

Diego e Fátima, o pai e nai de Vega, acompañaron ao alumnado de 1º ep durante unha sesión. Diego explicou os tres tipos de policías que hai en Galicia  e as súas funcións. Despois con Fátima fixeron unhas actividades de educación vial e como actuar se se perden . Finalmente tiveron que realizar unhas probas físicas para comprobar que, efectivamente, todos e todas serían estupendos policías, co que todos/as recibiron a súa respectiva placa. Ademáis como agasallo, déronlles un lápiz e un libro dos "Bolechas".