Buzón da amizade
O noso amigo,o esquelete Samuel, visitounos de novo e deunos unha sorpresa. Trouxonos unha carta e este agasallo que nun principio non sabíamos para que era. Despois de ler a carta que nos traía, xa o entendimos, explicounos como era a estructura dunha carta e deixounos este buzón da amizade para decoralo e facer uso del.
Entre todos decidiron como decoralo, elixiron poñerlle corazóns e cada un fixo o seu e pegouno onde máis lle gustou. Unha vez feito xa estaban desexando estrenalo, así que, cada un escribiu unha carta ao seu amiguiño ou amiguiña e a meteron no buzón. Agora cada día o encargado ten unha nova tarefa que é repartir a correspondencia que chegou ao buzón ese día.
Está sendo moi motivador, podedes ver a cantidade de cartas que ten o buzón!!