Mellorando a convivencia
A roda dos conflitos foi un recurso que nos axudou moito a mellorar a convivencia da nosa aula.
Primeiro eflexionamos entre todos e todas cales eran as principais causas dos conflitos, fixemos dramatizacións de diferentes situacións , así como tamén falamos de como se podían evitar ou buscar unha solución da forma máis pacífica posible. De forma conxunta decidimos que apartados tería a nosa roda e este foi o resultado.
Os primeiros días a figura do adulto tiña que estar presente como guía para buscar solucións, pero en moi pouco tempo xa resolvían os conflitos de forma autónoma chegando eles mesmos a acordos e recurrindo a ela tantas veces como consideren que é necesario.