ANDAINA CONTORNA DOMIRÓN
O xoves pasado realizamos a 2ª andaina do noso proxecto " Pasiño a pasiño imos polo bo camiño".
A ruta foi: Escola de Domirón- Área recreativa do Couto.
Alí realizamos unha actividade para conmemorar o Día do Libro: Padriños lectores
Os nenos e nenas de educación primaria apadriñaron ós máis pequenos en pequenos grupos.
Eles mesmos escolleron, prepararon e leron un conto a cada grupo.
Fixéronno xenial,foi unha experiencia preciosa de convivencia e amizade!
Despois merendamos, xogamos e volta...
Resultou un día IN-CRÍ-BLE!!!!