Comezamos coa Robótica

A Robótica no CRA!!

 

Por segundo ano conseguito o centro está inscrito na actividade Introducción a Robótica Educativa en Primaria.

No curso pasado por mor da pandemia non tivemos moito tempo de traballar sobre a Robótica, pero este ano sí!!!

Desde o Grupo de Traballo no que participaron varias mestras do Centro, aproveitamos para traballar desde Infantil e aproveitar os beneficios que podemos sacar no día a día do traballo con robots como son o pensamento computacional, a lóxica, a estructuración espacio-temporal e outros contidos como a estimación, creatividade...e un largo etcetera…

Neste curso, o alumnado de Infantil traballou co DOC e o Coding Express de Lego, o que sería uns fundamentos da Robótica, mentres 3º e 4º traballou co mBot, primeiramente montando os diferentes robots e logo superando diferentes retos de diversa dificultade, na que ao mesmo tempo traballaban contidos de matemáticas (distancias, figuras xeométricas, velocidades,...) e tamén usamos o Lego WEDO, ainda que esté en menor medida xa que non tiñamos os suficientes para que o poidesen utilizar por parellas...