O Val, Primaria, Infantil, Aniversarios, Proxectos e Actividades, Conmemoracións, Contacontos, Saidas

ACTIVIDADES 25 N

Para conmemorar o 25 N o alumnado de educación infantil traballou o conto de "Arturo e Clementina" , na escola do Val presentámolo mediante un conto teatralizado co axuda da tartaruga Clementina. Analizamos o conto, e elaboramos unhas tartarugas baixo o lema " Contra a violencia, verbas de corazón"

ACTIVIDADES 25 N

Outra das actividades que fixemos foi pintar todos aqueles que quixeron as unllas de cor morado e colaboramos na elaboración da pancarta con Ed primaria baixo o lema " cambiar as cousas está nas mans de tod@s"

 

ACTIVIDADE DE OUTONO

Como actividade motivadora e innovadora realizamos un bingo da natureza as tres aulas de educación infantil da escola do Val o que nos brindou moitas oportunidades de aprendizaxe da lecto-escritura, matemática, observación, clasificación, goce da contorna, etc.

XOGOS EN FAMILIA

Seguindo a liña que comezamos o ano pasado dos xogos de mesa, este curso as famlias son as encargadas de vir as aulas para xogar cós nen@s, ensinádolles algún xogo que teñen nas súas casas e tamén xogando cós que temos no cole. Este día foi a nai de Claudia de 5º de EI.

UN PEZ EN EL CORAZÓN

O mércores 9 de novembro o alumnado de educación infantil da escola do Val , desprazouse ata o Auditorio de Narón para gozar desta obra de teatro da compañia Mar-Mar teatro. O tema tratado adaptouse moitísmo o noso fío conductor deste curso "Mar Aberto" e os medos que estivemos traballando durante a semana do Samain. Foi unha obra fermosísima. Xa de volta na escola analizamos o que vimos e repesentamos algunas partes da mesma.

MATEMÁTICAS ACTIVAS

Pescamos, sumamos as cantidades dos peixes, agrupamos e clasificamos, mil actividades de matemáticas activas.

   

LECTO-ESCRITURA DE XEITO MANIPULATIVO

Neste primeiro trimestre abordamos a lecto-escritura aproveitando o tema que estamos a estudar " o mar", construimos palabras, compoñemos, traballamos con iniciais do abecedario con vocabulario mariño, etc de xeito lúdico e manipulativo

 

 

ANIVERSARIOS NOVEMBRO

En novembro celebramos en 6º de EI o aniversario de Izan.

EXPERIMENTOS DE SAMAIN

Durante a semana do Samain o alumnado de educación primaria fixo unhas apócemas máxicas, cada aula fixo a súa foi un experimento fantástico.

Distribuir contido