Infantil, Aniversarios, Proxectos e Actividades, Conmemoracións, Contacontos, Saidas
XOGAMOS CON XELATINA E ADORNAMOS CABAZAS
Para rematar as actividades do Samain @s nen@s gozaron na bandexa tuf con xelatina, esta actividade brindou a posibilidade de que xogaran de xeito internivelar, algo que lles encanta.
Grazas as cabazas que nos trouxeron as familias, puidemos crear adornos terroríficos.
|
||
OS MEDOS
Na semana do Samain, traballamos o tema do medo mediante o conto de "Gustavo, el fantasma tímido", falamos sobre que é a emoción do medo, que cousas lles daban medo, e pesamos que o melllor para combatilo era crear unha apócema antimedos.
APÓCEMA ANTIMEDOS
Para espantar os nosos medos elaboramos unha apócema antimedos, con uns ingredientes moi especiais:
Pis de rato, escamas de serpe, sal da cova dos morcegos e pelo de gato negro.
GALLETAS QUE ASUSTAN
@s nen@s de educación infantil estivemos cociñando unhas galletas, miramos todos os ingredientes necesarios, amasamos, escollemos a figura que máis nos gustaba e logo o mellor que foi comelas.
|
ANIVERSARIOS SETEMBRO
En 6º de EI celebramos o aniversario de Liam
E en 5º de EI celebramos o aniversario de Claudia
SAÍDA AO AREAL DA FROUXEIRA- RECOLLIDA DE LIXO
O alumnado do CRA de Narón , incluidos @s nen@s de 5º e 6º de EI da Escola do Val, desprazaronse ata Valdoviño para realizar uha camiñata polo paseo do Lago, gozando das árbores, dos animais da contorna e ao chegar o areal fixeron unha recollida do lixo que atoparon.
O MAR: ACTIVIDADES DE MOTIVACIÓN
Este novo curso o noso eixo motivador será o mar , para comezar a investigar, descubir e experimentar fixemos distintas actividades.
O COMEZO D@S NE@S DE 3 ANOS
@s amarel@s comezaron unha nova etapa na escola do Val, os seus primeiros días descubriron novos espazos, compañeir@s, profes e mil aventuras.
MENSAXES NUNHA BOTELLA:O BENESTAR EMOCIONAL AO COMEZAR A ESCOLA
Para comezar a escola pedimos as familias que deixaran escrita unha mensaxe de ánimo, para favorecer o benestar dos máis pequenos.
Mediante un xogo @s nen@s tiveron que buscar a súa botella e despois leemolas na clase, o que reconfortou @s nen@s.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »