Primaria
23 de Abril de 2023: Día do libro con Pepablo
Para conmemorar o día do libro o Concello ofertou aos nen@s de 1º de Educación Primaria a visita do escritor Pepablo. Contoulles uha morea de historias do conto Lúa,para reflexionar sobre problemas da sociedade como as guerras, as froteiras entre os pobos ou as diferenzas sociais
PARA REMATAR AGASALLOU Ó CENTRO CON EXEMPLARES DO SEU CONTO PARA A BIBLIOTECA |
Excursión a Lugo.
Os nenos e nenas de primaria o mércores día 15 de xuño fomos de visita a Lugo. Estabamos moi ilusionados/as, xa que por fin, despois de moito tempo podíamos volver de saída e todos xuntos. Primeiro,de paseo pola muralla e pola cidade e despois unha ruta polo parque das formigas en San Clodio (Outeiro de Rei) Que ben o pasamos!
Aquí vos deixamos unhas imaxes para que vexades que chulada.
CONTACONMIGO PRIMARIA
Este ano fixemos a actividade Contaconmigo coas familias dos nenos e nenas de primaria.
Encantounos esta experiencia.
A nai de Ismael de 1º e de Pablo e Manuel de 1º e 3º contaron un conto sobre a contaminación e a importancia de reciclar, reducir e reutilizar, para coidar o noso planeta Terra.Despois ensináronnos unhas imaxes para que viramos como afecta a contaminación aos nosos mares, á vexetación e aos animais. Que interesante! Canto aprendemos!
A nai de Xiana, Laura e Leo de 1º fixeron unha representación teatral: “Breixo dende o Val a súa participación nas Olimpiadas”. Canto nos reimos!
A nai de Alex de 4º veu a falarnos da primeira muller futbolista, que era galega. Tamén nos contou varias curiosidades sobre ese deporte que tanto nos gusta. Cantas cousas non sabiamos!
Moitas grazas a todas por participar.
Galiciencia CSI
O pasado 27 de maio tivemos un obradoiro de Galiciencia on line, titulado CSI xa que tíñamos que descubrir quen roubou unha torta na escola...
Na aula virtual tendes un cartafol para descargar as fotos así como unha montaxe en video do obradoiro, pincha nesta imaxe para ir directamente (tendes que usar o voso usuario e contrasinal):
8-M Día da Muller
Con moito do Día da Muller, o alumnado de Primaria, fixo un mural no que debuxaron os diferentes traballos das súas nais, e estamparon as súas mans para facer o signo da muller, este foi o resultado:
vacacións
Ola familias.
Chegou o último día, comezan as vacacións de verán.
Subo varios pdf, un coas orientacións para o verán, unha carta para desexarvos unhas boas vacacións e un modelo para facer un pequeno diario de verán, por se é do voso interese.
Por último, poño este enlace, no que podedes ver un vídeo como recordo deste curso tan diferente. Desexo que vós guste moito.
Pode ser que ao pinchar no enlace xa se reporduza o vídeo directamente ou pida acceso a aula virtual, se é así, dádelle a acceder como convidados e xa debería reproducirse.
https://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/aulavirtual/course/view.php?id=138
Moitisímos bicos e apertas para todos e todas.
Feliz verán. Desfrutade moitísimo.
Vémonos á volta.
Traballiños das semanas pasadas.
Ola nenos e nenas:
Subo os traballiños das semanas pasadas. Como me gustaron!
As búsquedas do tesouro
O semáforo.
As chanclas e os xeados.
Conto Vacío.
Están todos xenial! Sodes uns artistas!
Moitos bicos e apertas.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- seguinte ›
- última »