O Val, Primaria, Infantil, Aniversarios, Proxectos e Actividades, Conmemoracións, Contacontos, Saidas

OBRADOIRO TRAMPAS DE VELUTINAS 3º EP

Grazas a Simón , do SPEIS de Narón o alumnado de 3º e 4º de primaria coñeceu un pouco máis a fondo ás velutinas.

A forma máis eficaz de contermos a súa gran multiplicación e os efectos perniciosos é reducir o número de raíñas cando saen da súa invernación. Para iso é fundamental realizar una ampla campaña de trampeamento primaveral.
A primavera é a época clave, desde primeiros de marzo ata maio, é cando as raíñas empezan paulatinamente a espertar da súa hibernación e comenzan a súa actividade.
Unha vez que se reactivan e constrúen o niño primario dispoñeremos duns 40 días para cazalas; despois, encláustrase no niño tartagueiro secundario e xa non volve saír.
Desgraciadamente, non todas saen ao mesmo tiempo da invernada, para capturalas; por iso debemos empezar a trampear desde primeiros de marzo a mediados de maio.

Cada neno/a con dúas botellas reutilizadas elaborou a súa propia trampa.

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE- 1º E.P

Para celebrar o día mundial da saúde o alumnado de primaria elaborou unha receita saudable con froita. Con diversos tipos de froita crearon formas incribles como unha fermosa tartaruga. Nestas publicacións podedes ver o proceso e resultado.

7 DE ABRIL DÍA MUNDIAL DA SAÚDE: A MIÑA SAÚDE, O MEU DEREITO

Os nenos e nenas de educación infantil de escola do Val para conmemorar o día mundial da saúde recrearon algúns dos elementos  do lema deste ano 2024 , centrado na defensa dos dereitos de todas as persoas, onde sexa que se atopen , teñan acceso os sistemas de saúde, a educación , a información de calidade, a auga potable, aire limpo, boa alimentación, vivenda de calidade...

7 DE ABRIL DÍA MUNDIAL DA SAÚDE: OBRADOIRO DE XOGOS SIMBÓLICOS SOBRE A SAÚDE

Os nenos e nenas de educación infantil pasaron unha xornada xenial xogando a distintas activiades simbólicas sobre a saúde.

SIMULACRO

O  final do segundo trimestre realizouse con éxito un simulacro de evacuación no edificio de educación infantil de escola do Val. Así foi todo o proceso

 

ANIVERSARIOS MARZO

NO MES DE MARZO CUMPRIRON ANOS: LIAM, SARAYMA E PABLO.

PARABÉNS PARA OS TRES E MOITOS BIQUIÑOS DOS COMPIS E DAS MESTRAS!

LIAM: 4 ANOS

 

SARAYMA: 5 ANOS

PABLO: 6 ANOS

 

Distribuir contido