Proxectos e Actividades

Aprendemos nas nosas bandexas de estimulación sensorial e nos minimundos

A experimentación, observación e manipulación son a base para a apredizaxe, nos distintos minimundos e bandexas sensoriais que fomos creando o longo do curso @s nen@s tiveron a a oportunidade de aprender xogando

 

As bandexas de estimulación sensorial

   
 

O MUNDO DOS PLANOS E MAPAS

@s nen@s de educación infantil adentrámonos no mundo dos mapas e dos planos, o que nos permitiu formar un esquema mental da nosa zona, onde están situados os edificios máis representativos do noso concello, da nosa parroquia e incluso as nosas casas.

Esta actividade bridou moitas experiencias co escornabot, recreación de planos, localización de edificios e percorrido insitu rexistrando cada un no seu propio mapa aquilo que estábamos a observar.

 

 

     

O escornabot

 

Co mapa da nosa parroquia: O Val

 

Percorrido polos arredores da escola cada un co seu mapa , sinalando os edificios máis representativos

 

     
     
     

 

Actividade artística sensorial e de escritura

Aproveitando que estamos investigando sobre os insectos propuxemos @s nen@s observar detidamente os que tiñamos no minimundo para xogar e a partir de ahí facer unha composición de cada un deles con elementos naturais: pedras, follas, paos,etc.  Tamén durante a actividade formaron a palabra do insecto que crearon. Primeiro fixémolo todos en gran grupo na asamblea e despois cada nen@ explorou e creou libremente no recanto. Gustoulles moitísimo e pasámolo xenial.

     

 

   

 

 

                             O mundo

          dos insectos

            é xenial

 

   

 

     

ÁRBORE DO BENESTAR

Realizamos dúas sesións desta actividade

1º Sesión: reunidos en asamblea decidimos resaltar as cualidades positivas de cada un/a dos membros do grupo. Para fomentar a autoestima de cada nen@ e as fortalezas que temos como equipa. Todo@s foron aportando os valores positivos do resto d@s compañeir@s.

2º Sesión: Decidimos plasmar o que traballamos nuns abanicos personalizados onde cada un foi escribindo o que resaltaron @s seus compañeir@s del/a, que logo expuxemos nun recanto da clase para telas sempre visibles.

   

CANDO TOD@S ESCRIBIRON AS

SÚAS CUALIDADES MONTAMOS A ÁRBORE

DO BENESTAR.

ESTE FOI O RESULTADO!!!

   
                                             

ACTUALIZACIÓN RÉCORD PODÓMETRO

HOXE PASIÑO A PASIÑO, CAMIÑAMOS DENDE A ESCOLA DE DOMIRÓN ATA A ÁREA RECREATIVA DO COUTO 

E OS NOSOS PODÓMETROS FIXERON UN NOVO RÉCORD...

                                  

9.394 PASOS- 6´85 KILÓMETROS.

PARABÉNS PARA TOD@S, IMOS POLO BO CAMIÑO!!!

INVESTIGAMOS SOBRE A ESCULTURA PARA REUTILIZAR

@S NEN@S DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL CON MATERIAL DE REFUGALLO CREARON CON GRAN IMAXINACIÓN E CREATIVIDADE ESCULTURAS ESPECTACULARES, AQUÍ TEDES O RESULTADO!!!

    

   
   
 
     

REXISTROS PODÓMETROS-2

ACTUALIZACIÓN DOS NOVOS REXISTROS DOS PODÓMETROS, 2ª-3ª SEMANA

Seguimos contando os pasos e kilómetros recorridos nas últimas semanas e temos novo récord!

REXISTROS- 4º EDUCACIÓN INFANTIL ( VERMELLOS)

 

5º EDUCACIÓN INFANTIL ( VERDES)

 

6º EDUCACIÓN INFANTIL ( AMARELOS)

 

PARABÉNS PARA TOD@S IMOS POLO BO CAMIÑO!

Saudos orixinais e divertidos

Outra das actividades dentro do proxecto Convive-T , para favorecer vínculos positivos dentro da aula, na asamblea o encargado/a saúda o resto dos compañeiros /as dunha forma especial elixida por cada un deles/delas. Aquí vai exemplo dos nosos saúdos favoritos

     

 

COIDADOS DOS BEBÉS

Na aula dos amarelos como estamos a estudar como comeza a vida, o nacemento dun bebé e os seus coidados, tivemos a visita da mamá de Hugo que nos explicou todo o proceso: dende que nace, o coidado do embigo, o baño, o secado e as cremas, o cambio de cueiro, a alimentación, o sono, etc.

Logo de ver como o facía ela, fomos nós os que tivemos que encargarnos do coidado do bebé.

 

 

     
     
Distribuir contido