Infantil, Aniversarios, Proxectos e Actividades, Conmemoracións, Contacontos, Saidas

XOGOS EN FAMILIA

Seguindo a liña que comezamos o ano pasado dos xogos de mesa, este curso as famlias son as encargadas de vir as aulas para xogar cós nen@s, ensinádolles algún xogo que teñen nas súas casas e tamén xogando cós que temos no cole. Este día foi a nai de Claudia de 5º de EI.

UN PEZ EN EL CORAZÓN

O mércores 9 de novembro o alumnado de educación infantil da escola do Val , desprazouse ata o Auditorio de Narón para gozar desta obra de teatro da compañia Mar-Mar teatro. O tema tratado adaptouse moitísmo o noso fío conductor deste curso "Mar Aberto" e os medos que estivemos traballando durante a semana do Samain. Foi unha obra fermosísima. Xa de volta na escola analizamos o que vimos e repesentamos algunas partes da mesma.

MATEMÁTICAS ACTIVAS

Pescamos, sumamos as cantidades dos peixes, agrupamos e clasificamos, mil actividades de matemáticas activas.

   

LECTO-ESCRITURA DE XEITO MANIPULATIVO

Neste primeiro trimestre abordamos a lecto-escritura aproveitando o tema que estamos a estudar " o mar", construimos palabras, compoñemos, traballamos con iniciais do abecedario con vocabulario mariño, etc de xeito lúdico e manipulativo

 

 

ANIVERSARIOS NOVEMBRO

En novembro celebramos en 6º de EI o aniversario de Izan.

ANIVERSARIOS OUTUBRO

En 4º de EI celebramos  o aniversario de : Xela, Martín, Thiago, Teo e Nicole.

                                Parabéns!!!!

En 6º de EI celebramos o aniversario de Sara

XOGAMOS CON XELATINA E ADORNAMOS CABAZAS

Para rematar as actividades do Samain @s nen@s gozaron na bandexa tuf con xelatina, esta actividade brindou a posibilidade de que xogaran de xeito internivelar, algo que lles encanta.

 

 

Grazas as cabazas que nos trouxeron as familias, puidemos crear adornos terroríficos.

OS MEDOS

Na semana do Samain, traballamos o tema do medo mediante o conto de "Gustavo, el fantasma tímido", falamos sobre que é a emoción do medo, que cousas lles daban medo, e pesamos que o melllor para combatilo era crear unha apócema antimedos.

 

Distribuir contido