Ed. infantil

Facendo Roscas

 

Que Meco máis gracioso, o xoves escondeunos todos os ingredientes pola nosa escola. Tivemos que recorrela enteiriña para poder atopar todos para poder facer as roscas. Buscando e buscando iamos atopando.

 

 

 

 

A Fariña

 

O royal

O azucre

  O leite  e os ovos

O aceite  e os limóns

 

 

E cando xa os tiñamos todos puxemonos mans á obra coa receita.

 

 

 

 

 

 

Deixamos levedar a masa e mentras tanto xogamos jajjaj

Despois a darlles forma

 

E como vos reposteiros e reposteiras non hai mellor forma de saber se sairon ben que probandooas, e podemosvos asegurar que poderíamos gañar a vida facendo roscas porque estaban exquisitas.

 

 

Mandatos do Meco

Durante a semana do Antroido o Meco mandounos traer diversas cousas: O luns tiñamos que traer algo que fixera ruído e vaia se o trouxemos, unha orquesta en toda regra.

 

 

O martes se queríamos entoar con certeza traeríamos algo na cabeza e mirade que pasou.

 

 

E o mércores madre mía este meco que é moi perezoso mandounos vir en pixama e como nos gustou.

 

E o xoves deixamos voar a imaxinación e os nosos gustos e convertimonos en diversos personaxes  como podedes ver.

O noso Meco moi particular

O Antroido estase a acercar e a nosa mestra contounos que en Ourense se fai un MECO moi particular e que despois os xoves de comadre e o xoves de compadres os nenos e nenas saen á praza a arrebatarlles o meco aos demais. Nos fixemos con moito esforzo o noso meco persoal, decorámolo con papeis de cores, pegatinas, pintura, lá .... e por último puxemoslle nome. Logo fixemos outro Meco de xornal para poder xogar a arrebatarllelo aos demais e poñelo a salvo. Gustounos moito este xogo. Mirade que fermosos nos quedaron.

 

 

CARREIRA DE CABALOS

 

Ao investigar cousas dos romanos decatamonos que lles gustaba moito pasar o seu tempo libre facendo carreiras de cabalos. Gustounos moito a idea asi que a profe trouxonos uns cabalos moi artesanales cos que puidemos botar unhas risas. Mirade que ben o pasamos.

 

¿Que teño no meu corazón?

Para conmemorar o día da paz, traballamos dúas cancións: Eu teño alguén no meu corazón e Corazón con cremallera.

Primeiro fixemos un corazón grandes pintandoos e decorandoos como nos gustara máis. Despois puxemoslle unha cremallera.

A semana antes do día da paz levamos para a casa oito tarxetiñas que deberiamos completar: o noso conto favorito, a canción favorita, a miña familia, eu son feliz cando, que teño no meu corazón, o que máis me gusta facer é,  de maior quero ser..., o meu xoguete favorito. Son cousas moi importantes que cada un de nos ten no seu corazón e que despois compartimos cos demais. Houbo moitas sorpresas cando llas limos aos nosos compañeiros. Cando rematamos pegámolas todas nunha cinta que despois colgamos na clase. Foi unha actividade moi moi fermosa que desfrutamos moito e na que aprendimos moitas cousas. Moitas grazas as familias pola axuda que nos aportaron.

Moedas Romanas

 

Un día Bufiña deixounos na maleta unhas cantas moedas romanas, eran todas diferentes, unhas de ouro, outras de plata e outras de bronce. Nos quixemos facer as nosas propias moedas e para  iso eliximos tres cores; dourado, plateado e vermello para que similaran os tres materiais das moedas. Primeiro buscamos un circulo para poder calcar e recortamos. Despois pegams a Xulio César e por último puxemoslle o nome. Esperamos que vos gusten.

 

 

Todo preparado para o gran día.

Os nenos e nenas de Sedes quixemos deixar todo preparado para o día máis importante do ano que aínda que non estaremos na escola ben o merecido o temos.

Primeiro despois de pensar o que queríamos escribimos a carta para enviarlla ao Paxe Real o día da festa.

 

Despois puxermos a árbore de Nadal.

Pensamos en todos tres vasos de auga, tres galletas e unha magdalena para os Reis Magos. Unha cabaza e follas para os camellos. E como  non os nosos calcetíns para que souberan quen e cantos somos. E agora a desfrutar das vacións e a esperar con ilusión a que os nosos desexos se cumplan.

Bo Nadal

 

 

Un xogo moi especial.

 

Chegou o Nadal e como recompensa do noso esforzo a nosa mestra agasallounos cun xogo moi especial. Un memori da nosa familia onde debemos emparellar os nosos avos, avoas, pais, nais, irmáns... na actualidade e cando eran pequenos. Simplemente xenial gustounos moito moito e fixonos moita gracia ver como era a nosa familia cando eran pequerrechos. 

A mestra desexa que pasedes momentos divertidos e de ilusión xogando en familia.

 

 

Os nosos traballos

 

O primeiro trimestre xa rematou e para gardar os nosos traballiños que elaboramos con tanta ilusión fixemos unha carpeta moi moi bonita. Nela ía todo o vocabulario que aprendimos, imaxes das marabillas do mundo, as momias, as pirámides.... tamén levaba un mapa de onde estaba cada marabilla e unhas diapositivas que para velas mellor tiñamos que usar a lupa. Espero que vos gustara tanto coma a nos porque o fixemos con moito cariño.

Distribuir contido