Celebracións

Festa Magosto

O pasado 28 de outubro celebramos a festa do Magosto na Escola do Val; con un pouco de retraso...aqui tedes o video da nosa celebración.

En formato flv para velo en internet, ou en mp4 para descargalo (con mais calidade)

flv:

http://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/aulavirtual/mod/resource/view....

 

mp4:

http://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/aulavirtual/file.php/2/VideosC...

 

Recordade que para poder ver os videos, precisades usar o voso usuario e contrasinal da Aula Virtual, se non recordades os datos, pedilos no Centro.

 

 

Fin de Curso 2015-2016: Repichoca En Sedes

Este ano pechamos o curso cunha festa en Sedes, na Feira do Trece, ali fixemos unha "mini-repichoca", merenda campestre e xogos varios para dar entrada as vacacións. Gozadeas!!

 

Festa do Entroido 2016

O pasado venres 5 de Febreiro, celebramos o Entroido, este ano na Escola de Pedroso, no Local Social da Pombiña, e o motivo da festa foi o Espazo, xa que o alumnado de Infantil traballa este ano nun proxecto sobre o espazo; houbo cancións, paseo polo entorno e postres típicos das datas,  queima do meco...e pasámolo moi ben; grazas as familias de Pedroso pola organización e colaboración e a ANPA polas bebidas.

Video resumo da festa:

http://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/aulavirtual/mod/resource/view....

 

Video canción Pedroso-Sedes-Castro:

http://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/aulavirtual/mod/resource/view....

 

Video canción Escola de Domirón:

http://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/aulavirtual/mod/resource/view....

 

Video canción Escola Val Infantil:

http://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/aulavirtual/mod/resource/view....

 

Video canción Escola Val Primaria:

http://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/aulavirtual/mod/resource/view....

 

Lembrade usar o usuario e contrasinal da aula virtual, que recibiches da Escola, así desde aula virtual poderas ver ou descargar o video.

saúdos.

Festa Do Nadal

Este ano celebramos o Nadal no Auditorio de Narón, e tivemos unha obra de teatro a cargo da compañia "Teatro do Andamio", que presentou "A Verdadeira Historia dos 3 Porquiños", cantamos moito, entre elas a nosa panxoliña "O Nadal do CRA", tivemos a sorte de recibir a Visita do Paxe Real, e  puidemos darlle as cartas para os Reis, demos boa conta do chocolate e dos churros( grazas ao traballo e aportación do ANPA)  e tivemos tempo para facer uns bailes-xogos...e marchamos ben relaxados para disfrutar do Nadal.

Visita do Paxe Real:

http://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/aulavirtual/mod/resource/view....

O Nadal do CRA:

http://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/aulavirtual/mod/resource/view....

 

Festa do Magosto 2015

O pasado xoves 29 de novembro os/as nenos/as do CRA de Narón xuntámonos no local social de Castro para, outro ano máis, celebrar a festa do Magosto. Xogamos, bailamos, cantamos e comemos  castañas.

No seguinte enlace podes ver un video resumo da festa,  pasámolo moi ben, e esperamos que vos guste o video.

 

http://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/aulavirtual/mod/resource/view....

 

Recordade que tedes que pedir na escola o usuario e contrasinal para poder entrar na aula virtual e poder ver, ou descargar o video.

Saúdos.

Festa do Entroido 2015

Xa temos aquí as actuacións das/os nenas/os do CRA na Festa do Entroido, que tivo lugar no Local Social do Alto do Castaño, gracias á ANPA do CRA pola súa colaboración e a todos/as os/as que axudaron a que os nenos/as pasasen unha boa festa.

 

Canción dos/as nenos/as de Primaria do Val, cantada a capela: No Entroido

http://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/aulavirtual/mod/resource/view....

Canción dos/as nenos/as do Val Infantil: Somos os trasniños

http://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/aulavirtual/mod/resource/view....

Canción dos/as nenos/as de Domirón: Hai unha Fraga moi Especial

http://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/aulavirtual/mod/resource/view....

Canción dos/as nenos/as das Unitarias Sedes-Castro-Pedroso: Que si, que non, que no entroido estou

http://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/aulavirtual/mod/resource/view....

 

Videos Festival de Nadal

Xa temos listos os videos da nosa festa do Nadal, así foi a festa... (para poder entrar nos videos, pincha no enlace, e socilita a chave de acceso na túa escola)

Video Resumo da Festa:

http://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/aulavirtual/mod/resource/view....

A panxoliña deste ano e algúns dos xogos que fixemos:

http://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/aulavirtual/mod/resource/view....

 

O segundo conto do contacontos, no que participaron os/as nenos/as do CRA:

http://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/aulavirtual/mod/resource/view....

 

O primer conto do Contacontos completo:

http://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/aulavirtual/mod/resource/view....

 

Esperamos que vos gusten...

 

Festival de Nadal

 

Este ano celebrarase no local social da Pombiña en Pedroso

Programa:

Teatro: "Un Nadal Cheo De Contos"

Panxoliña deste ano do CRA.

Visita do Paxe Real

Chocolatada (a cargo da ANPA do CRA).

Ademais a ANPA subvencionará o custo da obra de teatro ós seus socios.

 

Magosto 2014

Este ano celebramos o Magosto o día 29 de Outubro en Sedes, onde os nenos/as do CRA deron unha volta pola natureza, bailaron un pouco e logo comeron castañas, antes de xogar na zona da Feira do Trece onde está a reproducción dunha aldea castrexa, foi unha xornada diferente, na que todos/as o pasaron ben.

Grazas a ANPA e as familias de Sedes pola súa colaboración na organización e desenvolvemento desta actividade.

O vídeo podédelo ver na Aula Virtual do CRA, aquí tedes un enlace a mesma (podedes entrar como convidados sen contrasinal), esperamos que vos guste:

 

http://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/aulavirtual/mod/resource/view....

Vídeos do Entroido, 2013.

O 8 de febreiro celebramos un FESTIVAL DE ANTROIDO no Auditorio Municipal. Disfrazados de animais (peixes, xirafas, osos e pinguíns) os nenos pasárono moi ben!

 

Distribuir contido