Primaria

25 N: O CHUVASQUEIRO DE AURORA

@s nen@s de 3º de primaria traballaro o conto " O chuvasqueiro de Aurora" e fixeron uns fermosos chaveiros.

25 N : EN PRIMARIA AS UNLLAS MORADAS

O alumnado de primaria que o desexou pintou as unllas de cor morado para conmemorar esta data.

EXPERIMENTOS DE SAMAIN

Durante a semana do Samain o alumnado de educación primaria fixo unhas apócemas máxicas, cada aula fixo a súa foi un experimento fantástico.

RECEITA TERRORÍFICA E DISFRACES POLO SAMAÍN.

Os nen@s e nen@s de terceiro o día da Samain viñeron disfrazados e  elaboraron unhas arañas moi monstruosas. Foi un día xenial!

                  

     

      
                  

O microscopio

Grazas o novo microscopio puidemos descubir un novo mundo en miniatura a través das súas lentes

 

Lecturas para o desenvolvemento emocional

Nesta actividade lemos e comentamos  o conto que leva por título " Recetas de lluvia y azúcar" da autora Eva Manzano Plaza e da ilustradora Mónica Gutiérrez Senra.

" Este recetario serve para comerse a vida a culleradas, para endulzar as emocións que nos acompañan cada día e para aprender a manexalas coa imaxinación como ingrediente imprescindible"

Non sabiamos que o conto ía traernos momentos tan divertidos como o da foto

 

 

A Receita da felicidade

A felicidade é unha sensación duradeira de benestar e que dependen de múltiples factores que se poden modificar e polo tanto ensinar.

Primeiro pensamos en todas as cousas que nos fan sentir ben ou que nos gustan ( lugares,cousas que nos gusta facer en familia, cousas que nos gusta facer cos amigos, comidas, xogos,  afeccións...).

Despois dibidimos as temáticas en catro cores que asemellarán o noso menú: entrantes, primeiro prato, segundo prato e sobremesa, e cada un/unha elaboramos o noso menú ideal con aquelas cousas que nos fan felices. Fixemos un mural onde explicamos o resto o significado dos nosos debuxos e do noso menú da felicidade.

 

 

XOGOS COOPERATIVOS

A través dos xogos cooperativos favorecemos cualidades como a escoita, comunicación,  o diálogo e a empatía.

Primeiro elaboramos uns pasos para guiar  a posta en práctica de xogos coopertivos que deixamos plasmados nun póster. Despois dividímonos e a xogar!!!

 

O bote da amabilidade

Desenvolver a amabilidade, o pensamento positivo ou a empatía son cualidades fundamentais para unha boa convivencia. 

Para isto creamos o bote da amabilidade que temos nun lugar visible da aula para poder usalo cando sexa preciso. Dar unha aperta, axudar a alguén, facer un debuxo e regalalo...axudaranos a desenvolver cualidades sociais e a medrar emocionalmente.

 

 

 

 

Distribuir contido