Sedes

Imos ao mar como caranguexiños

Desta vez mergullámonos como caranguexiños con Rosi, mamá de Sabela, e Cris, mamá de Zeltia. Xa con esta calor apetece facer como Cangrejita e ir probar o mar.

Traballamos a reo e mentras esperamos a que seque...,  bailamos, que en Sedes sempre estamos preparadas para un baile a ritmo de Xabier Díaz ou Tanxugueiras. Aínda que neste día non faltaron os Cantajuegos.

Moitas Grazas Cris e Rosi, pasámolo moi ben!!.

 

Día da Familia

O 15 de Maio conmemórase o Día da familia. Familias grandes, pequenas, de nais, de pais, avós, avoas.... ao fin todas aquelas persoas que nos acollen e nos dan a calor que precisamos para soster  as nosas emcións, de grande e de peques.
Desde o Equipo de Infantil deseñamos os ingredientes que precisamos para sentirnos ben coas nosas familias. 

Na Escoliña de Sedes misturamos todos eses ingredientes, pero ademais de querernos máis como grupo e ser  como unha grande familia, tamén nos saíron... Madalenas!! que sorte tivemos ;-)

 

 

Chega a Primavera coas bolboretas de Sedes

A primavera chegou a Sedes con bolboretas de mil cores.
Jhasvit, mamá de Shanaia, encheu a nosa escoliña de cores e as Eiruguiñas impacientes convertíronse en espectaculares bolboretas. 

Grazas Jhasvit pasámolo xenial.

 

Os Bolechas en Sedes

Desta vez,  Verónica a mamá de Xiana ensínanos San Sadurniño de man do Bolechas.

Unha historia divertida coa que despois fixemos caroutas na aula.
Cantas cousas aprendimos do nosos concello veciño.

 

Moitas grazas Vero!!

 

INARA CÓNTANOS, DANIELA PIRATA

 

DANIELA PIRATA, visita SEDES

Despois de que Daniela Pirata nos contase a súa historia, preparounos unha busca do tesouro ao máis puro estilo corsario.
Que ben o pasamos con Inara a mamá de Xoel.

Moitas grazas!!!

XARDÍN DO PATIO

No trimestre pasado comezamos a idear o noso Xardín de Palets para o patio. Coa colaboración das familias conseguimos os palets e comezamos a pintalos. 

Como o COVID non quería deixarnos continuar cos plans, decidimos que os rematábamos no tempo de cole, así que continuamos a pintar, sementamos unhas plantiñas e os colocamos no patio.

Xa temos un patio máis naturalizado que pouco a pouco imos enchendo con flores, como os pensamentos de Rosalía e todas aquelas propostas que nos acheguedes dende as familias. 

Mirade que maravilla.

Xardín patio

DÍA DE ROSALÍA

O 23 de Febreiro é o día de Rosalía de Castro e, como ben sabedes, na Escola celebrámolo coa actividade ROSALÍA NA RÚA

Ademais do video da actividade de todo o CRA, podedes ver todo o traballo na Escola de Sedes  pintar as teas, decorar, plantar os pensamentos... que culminou cunha xoranada ben bonita no parque do Local. Que ben o pasamos, agardamos repetir moitas veces.

Día de Rosalía

9 MESES 9 CONTOS : O XARDÍN DE IRENE

DENTRO DO PROGRAMA 9 MESES 9 CONTOS, NA ESCOLA DE SEDES, TRABALLAMOS ESTE BONITO POEMARIO DE NEIRA VILAS ILUSTRADO POR LEANDRO LAMAS.

APROVEITAMOS A TEMÁTICA DE FLORES E NATUREZA PARA SAIR A RECOLLER FLORES E FACER OS NOSOS PROPIOS XARDÍNS TAN BONITOS COMO CREATIVOS.

ENCÁNTANOS AS FLORES, PERO CASE QUE NOS ENCANTA MÁIS SAIR..

24 DE FEBREIRO. DÍA DE ROSALÍA

O 24 de Febreiro conmemórase o Día de Rosalía de Castro, coincidindo coa data do seu nacemento.
Dende o Equipo de Normalización do centro chegou a proposta dun mural cunha palabra galega dalgún poema de Rosalía. 
A nós tocounos Fontiña, do poema Parece unha Rosa. Como nos gustou a palabra!, foi a excusa perfecta para dar un paseo ata a fontiña que temos ao lado do cole e desfrutar un pouco do sol que comeza a chegar.
Observamos a fonte e pensamos en que cousas podemos atopar ao redor das mesmas, ata vimos un Entroido!!! 
Aprendimos o verso da nosa palabra, decatámonos de como riman as palabras na poesía... en fín que Rosalía axudounos a traballar a reo.
Con todos os animais e prantas puxémonos mans á obra e neste video amosámosvos como nos quedou o mural. 
A canción que acompaña o video é un anaco de "Alborada" do Álbum "Rosalía pequeniña" de Uxía. Un álbum moi fermoso e recomendable de poemas de Rosalía musicados.

 

SEMENTANDO A PAZ

Para este día, e contando coa vosa inestimable participación, traballamos arreo para "SEMENTAR A PAZ".
Para facer o mural empregamos o truco do papá de Daniel coas ceras Manley, e que nos contou como un segredo, así que... entre nós queda. A ver se o fixemos ben e vos gusta o resultado.
Despois preparamos a terra para sementar cadansúa flor. Agardemos que no seguinte curso podades acompañar aos vosos fillos e fillas a sementar verba de PAZ na nosa escola. Desfrutade do video. Tedes o enlace á canción na páxina do CRA

Distribuir contido