O Val, Primaria, Infantil, Aniversarios, Proxectos e Actividades, Conmemoracións, Contacontos, Saidas

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE- 1º E.P

Para celebrar o día mundial da saúde o alumnado de primaria elaborou unha receita saudable con froita. Con diversos tipos de froita crearon formas incribles como unha fermosa tartaruga. Nestas publicacións podedes ver o proceso e resultado.

7 DE ABRIL DÍA MUNDIAL DA SAÚDE: A MIÑA SAÚDE, O MEU DEREITO

Os nenos e nenas de educación infantil de escola do Val para conmemorar o día mundial da saúde recrearon algúns dos elementos  do lema deste ano 2024 , centrado na defensa dos dereitos de todas as persoas, onde sexa que se atopen , teñan acceso os sistemas de saúde, a educación , a información de calidade, a auga potable, aire limpo, boa alimentación, vivenda de calidade...

7 DE ABRIL DÍA MUNDIAL DA SAÚDE: OBRADOIRO DE XOGOS SIMBÓLICOS SOBRE A SAÚDE

Os nenos e nenas de educación infantil pasaron unha xornada xenial xogando a distintas activiades simbólicas sobre a saúde.

SIMULACRO

O  final do segundo trimestre realizouse con éxito un simulacro de evacuación no edificio de educación infantil de escola do Val. Así foi todo o proceso

 

ANIVERSARIOS MARZO

NO MES DE MARZO CUMPRIRON ANOS: LIAM, SARAYMA E PABLO.

PARABÉNS PARA OS TRES E MOITOS BIQUIÑOS DOS COMPIS E DAS MESTRAS!

LIAM: 4 ANOS

 

SARAYMA: 5 ANOS

PABLO: 6 ANOS

 

ANDAINA ATA BALTAR

Este venres 22 de marzo, realizamos unha andaina dende a nosa escola ata o convento de Baltar. Rematamos así, este segundo trimestre e festexamos o inicio da primavera.

Esta actividade enmárcase dentro do contrato programa EDU-SAÚDE.

Pasamos unha xornada moi agradable de convivencia!

Olla o vídeo para comprobalo!

 

 

ANDAINA ATA BALTAR 

Distribuir contido