Ed. infantil

IMOS POLA 3ª SEMANA!!!!

 

Queridas familias, imos pola terceira semana, enviámosvos moito ánimo para seguir resistindo. Desta volta van unhas actividades máis da primavera e o resto das tarefas van a ir por bloques. Para acceder ás cousas de cada bloque facede clic na imaxe correspondente.

Aviso do profe César: na parte dereita da web, no apartado de Departamentos, na sección de ED. Física, tedes xogos que colgou él axeitados para Infantil.

 


 
 

 COUSAS DE PRIMAVERA

LECTO-ESCRITURA

 LÓXICO-MATEMÁTICA

 

     
 EXPERIMENTOS ESQUEMA CORPORAL E PSICOM.  CONTO

 

 

 

 

PARTE 4 DA PRIMAVERA

OUTRAS POUCAS ACTIVIDADES SOBRE A PRIMAVERA, MOITO ÁNIMO E FORTES APERTAS

 

PARTE 3 DA PRIMAVERA

 

A PARTE 3 DA PRIMAVERA, QUEDAN NO ARQUIVO OUTRAS POUQUIÑAS ACTIVIDADES, MAÑÁ MÁIS.

A primavera

 

 

Queridas familias, nenos e nenas, no cole durante estes días iniciaríamos o tema da primavera pola chegada desta nova estación. Debido a situación que nos atopamos se queredes e podedes a equipa de educación infantil imos ir publicando algunhas ideas ou recomendacións sobre o que traballar nos próximos días. 

xa podedes ver a segunda parte da primavera,

nun novo documento adxunto

primavera 2 parte

así como varios documentos, para realizar algunhas das actividades recomendadas (palabras agochadas e actividades de subitización para varios niveis)

 

DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES

                                     

NA ESCOLA TIÑAMOS PROGRAMADAS ACTIVIDADES PARA CELEBRAR ESTE DÍA,

DEBIDO Á SITUACIÓN NA QUE NOS ATOPAMOS.

PROPOÑEMOS REALIZAR NA CASA ALGUNHA ACTIVIDADE RELACIONADA CON ESTA TEMÁTICA

"OS BOSQUES".

PROXECTO DO SEGUNDO TRIMESTRE.

 MOITAS DELAS XA APARECEN RECOLLIDAS

NAS RECOMENDACIÓNS XERAIS QUE TEDES NO APARTADO ANTERIOR.

AS ACTIVIDADES PROPOSTAS SON:

 

1.- PLANTAR UNHA SEMENTE NUN RECIPIENTE DE REFUGALLO: BOTE YOGURT, TUBO PAPEL HIXIÉNICO, TARRO CRISTAL, LATA, NO VOSO CAMPO...

A SEMENTE, PODE SER LENTELLAS, FABAS, GARAVANZOS...E SE NON TEDES TERRA...

PODEDES EMPREGAR UN ALGODÓN HÚMIDO (APARECE UNHA FOTO NO CADRO).

                                        

2.- REALIZAR UNHA ÁRBORE TAMÉN EMPREGANDO MATERIAL DE REFUGALLO. 

                               

E DEIXAR VOAR A IMAXINACIÓN!

3.- OPCIÓNS FICHA: COLOREAR E PINTAR UNHA ÁRBORE, FACER UNHA ÁRBORE XENEALÓXICA(POÑER OS NOMES, PEGAR AS FOTOS DE CADA UN DELES), DEBUXAR UN BOSQUE, OS ANIMAIS...

AQUI TENDES UN PDF CON ESTAS FICHAS

 

 

 

 

RECOMENDACIÓNS EQUIPA DE EDUCACIÓN INFANTIL

 

NESTE PDF TEDES ACTIVIDADES PARA TRABALLAR  NA CASA DURANTE ESTES DÍAS,

SON XERAIS. TEDES QUE ADAPTALOS ÁS DIFERENTES IDADES.

UN SAÚDO

 EQUIPA DE EDUCACIÓN INFANTIL

MURAL INTERCENTROS

ESTE ANO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS VAN ADICADAS A CARLOS CASARES E DENDE O CRA ELABORAMOS VARIOS MURAIS QUE REPRESENTAN O CONTO A GALIÑA AZUL, ESCRITO POR DITO AUTOR. ESTE FOI O QUE NOS TOCOU. FUMOS Á FEIRA DE ALLARIZ A MERCAR UNHA GALIÑA POIS NON TIÑAMOS NA CASA(NIN NA CLASE). A VER QUE VOS PARECE

.

PRACTICAMOS O SOPLO DE XEITO DIVERTIDO

SOPLAR É MOI IMPORTANTE PARA A NOSA PRONUNCIACIÓN E A COLOCACIÓN DA LINGUA. NOS PRACTICAMOS UNHA MOI DIVERTIDA QUE REPETIMOS MOITAS VECES CANDO TEMOS TEMPO LIBRE. MIRADE QUE GUAI O PASAMOS.

Os Romanos

 

Neste trimestre estivemos aprendendo moitas cousas dos Romanos e que mellor maneira de recordalas que creando a nosa propia carpeta que so con vela xa sabemos o que aprendimos.

O noso castelo dos Romanos  é un castelo moi especial onde puidemos aprender: como se vistian os Romanos, que monumentos máis destacables, que se facía no Coliseo Romano, coñecer as moedas Romanas e de que materiais estaban feitos, os números romanos.....

Espero que vos guste os nosos traballiños pois foron feitos con moito cariño.

 

 

Distribuir contido