O Val, Primaria, Infantil, Aniversarios, Proxectos e Actividades, Conmemoracións, Contacontos, Saidas

O CORPO HUMANO

O alumnado de 2º de Educación Primaria decide compartir as súas experiencias de aprendizaxe sobre o corpo humano.

Esperamos que vos sirva de axuda para entender un pouquiño mellor os contidos. E, para as persoas que estades convalecentes, para que poidades ter conta do aprendido na escola e vos recuperedes axiña. 

 

Unha aperta 

 

Aprender facendo

O alumnado de 1º de Educación primaria realizou varias actividades durante o curso que lles permitiu aprender facendo. 

Para poñer en práctica as medidas de masa e capacidade decidimos facer unha torta de queixo ao tempo que practicabamos matemáticas, reflexionábamos sobre unha alimentación saudable e encasillabamos os tipos de alimentos no grupo correspondente da roda alimenticia. Sen dúbida, a colaboración con todos e todas os/as compañeiros/as foi indispensable para obter uns bos resultados: degustar unha boa torta. 

Aprendemos que as funcións se poden repartir, que non todos temos que facer todo e que, se nos apoiamos os/as uns/as aos/ás outros/as todos/as aprendemos e nos enriquecemos dunha mesma experiencia. Velaquí tendes algunha proba do traballo

 

Co moito que lle gusta ao alumnado de primeiro pescudar sobre todo o que lles rodea, os seres vivos non podían ser menos. Polo de agora nos repartimos os grupos de vertebrados por parellas para investigar sobre eles e compartir as conclusións con todo o grupo clase. 

Para iso deseñamos un rincón de libros relacionados coa temática e un mostrario de especies de seres vivos que servirán de modelo para observar, analizar e recoller información necesaria. Nas fotos que se acompañan a continuación obsérvase cómo empregamos a titoría de pares para apoiar a tarefa, retroalimentarnos os uns aos outros e así aprender facendo. Cantísimo gozamos actuando como verdadeiros científicos/as!! 

De seguro que compartindo as aprendizaxes, debatindo e mantendo esa curiosidade seredes uns científicos excepcionais. 

 

A seguir aprendendo. A seguir facendo. A seguir medrando. 

Dia Da Paz 2017

Na Escola do Val festaxamos o día da Paz cunha canción signada de Maria Fumaça "Eu Teño Alguén", e logo houbo intercambio de agasallos en forma de corazón con desexos, aqui tedes a canción:

 

http://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/aulavirtual/file.php/2/VideosC...

Ruteo en Bicicleta con Visita a Baltar

O pasado luns 17 de outubro, a Educación Primaria do Val, saimos en bicicleta a dar unha volta pola zona, con parada en Baltar para a merenda. Tivemos algun problema na organización pero grazas as nais e pais que nos acompañaron poidemos levar a actividade a cabo. Moitas grazas pola vosa colaboración.

   

Pasamos un bo dia, e os/as nenos/as pasárono moi ben...a espera de repetila máis adiante!!

De novo, moitas grazas as familias pola axuda...sen ela, non poderiamos facer a saída.

Educación Vial

O pasado 1 de Marzo, recibimos a visita do Equipo de Educación Vial da Policia Local de Narón, que preparounos un circuito no que conducir e ir coñecendo as normas da Educación Vial, e pasamolo xenial!!!

 

Antroido 2016.

Ponte o teu disfraz, pra te vestir / Mira que flipante ti vas ir...

 

Repichoca Escolar no Val

Para rematar o 1º Trimestre, na Escola do Val, tivemos a sorte de poder disfrutar do grupo de música "Vai Rañala Meu!!!", cos que bailamos e o pasamos moi ben.

Dar a grazas ao grupo pola súa predisposición e por animarnos os últimos días do trimestre, esperamos contar con vos para outras festas!!

Aqui tedes os videos dese día:

Un pasodobre:

http://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/aulavirtual/mod/resource/view....

Unha muiñeira:

http://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/aulavirtual/mod/resource/view....

Un vals:

http://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/aulavirtual/mod/resource/view....

Un pasodobre e conga:

http://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/aulavirtual/mod/resource/view....

Outra muiñeira:

http://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/aulavirtual/mod/resource/view....

A Camiño de Viseu:

http://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/aulavirtual/mod/resource/view....

A Música e a Danza Tradicional

O pasado  venres 18 de Setembro, o Padroado de Cultura do Concello de Narón, acercouse a Escola do Val, para darnos a coñecer os instrumentos e a danza tradicional da nosa terra, nunha actividade moi enriquecedora e entretida para o alumnado de Primaria.

Gravaron un video desta unidade didáctica que podedes ver a continuación:

 

 

Material Escolar para o Alumnado de Primaria

 

    Co novo curso, voltamos as rutinas e como cada ano pedimos as familias que os/as nenos/as traian unha serie de material escolar para    o   desenvolvemento das clases.

    Premendo na imaxe podedes descargarvos o documento co material escolar para o alumnado de Primaria.

    Graciñas pola vosa colaboración.

Distribuir contido