Infantil, Aniversarios, Proxectos e Actividades, Conmemoracións, Contacontos, Saidas
O ENFADO
Para traballar o sentimento do enfado lemos o conto do Segredo de Flora, o que nos permitiu conversar sobre eses momentos nos que nos sentimos enfadados, falamos que todos e todas nos podemos enfadar pero que o importante é como resolvemos ese enfado, primeiro calmándonos cantando a canción que nos ensinou Flora:
" un,dous, tres o enfado polas mans
un, dous , tres o enfado polos pés
un dous tres, o enfado xa se vai
un, dous tres, o enfado xa o botei"
E despois empregar a palabra para falar, explicar o que nos molesta, o que podemos facer cada un de nós ou os demais para mellorar esa situación.
AS EMOCIÓNS A TRAVÉS DOS CONTOS
Na aula de 4º de Educación infantil para reflexionar sobre as nosas emocións, empregamos os contos como mecanismo para favorecer que os nenos/as compartan os seus sentimentos e como se sinten en distintas situacións. O longo de varias sesións coñecemos o coelliño protagonista de todos estes contos e como el vive o enfado, os celos, o amor, a tristeza. Depois de ler adicamos un tempo a contar as experiencias propias sobre cando temos un enfado e como tratar de solucionalo, cando temos celos por un xoguete que ten un compañeiro/a ou un irmán,etc.
XOGOS EN FAMILIA
Na clase de 4º de EI viñeron a xogar Marta, a nai de Mai, Ángel, o pai de Martín e Jéssica, a nai de Martina. Con eles tres disfrutaron xogando ao dominó de animais, os monos locos e os poliños no galiñero. Foi un tempo fantástico na que os nenos/as e familias pasárono xenial.
A LECTO-ESCRITURA CON DIVERSOS TIPOS DE MATERIAIS
Para favorecer a iniciación, o progreso e afianzamento da lectoescritura os/as nenos/as traballan a través de distintas actividades e con materiais moi diversos para que dunha forma lúdica aprendan e disfruten.
Aquí podedes ver distinas actividades dos tres niveis de educación infantil.
7 DE ABRIL DÍA MUNDIAL DA SAÚDE: A MIÑA SAÚDE, O MEU DEREITO
Os nenos e nenas de educación infantil de escola do Val para conmemorar o día mundial da saúde recrearon algúns dos elementos do lema deste ano 2024 , centrado na defensa dos dereitos de todas as persoas, onde sexa que se atopen , teñan acceso os sistemas de saúde, a educación , a información de calidade, a auga potable, aire limpo, boa alimentación, vivenda de calidade...
7 DE ABRIL DÍA MUNDIAL DA SAÚDE: OBRADOIRO DE XOGOS SIMBÓLICOS SOBRE A SAÚDE
Os nenos e nenas de educación infantil pasaron unha xornada xenial xogando a distintas activiades simbólicas sobre a saúde.
ANIVERSARIOS MARZO
NO MES DE MARZO CUMPRIRON ANOS: LIAM, SARAYMA E PABLO.
PARABÉNS PARA OS TRES E MOITOS BIQUIÑOS DOS COMPIS E DAS MESTRAS!
LIAM: 4 ANOS
SARAYMA: 5 ANOS
PABLO: 6 ANOS
ANIVERSARIOS FEBREIRO
No mes de febreiro celebramos os aniversarios de Daniela, Sara N. e Ibrahim en 5º de EI, e Claudia en 6º de EI. Parabens!!!!!
XOGOS EN FAMILIA IV
Os nenos e nenas de 6º de EI da Escola do Val gozaron de outra xornada de xogos en familia grazas a Noelia, a mamá de Claudia, e a David e Raquel, o pai e nai de Candela. Pasárono en grande cos distintos xogos de mesa: 2 xogos de Carapuchiña vermella ( "Little red riding hood" e "Caperucita Roja" ) e Let`s go fishin.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »