Sedes

Fotógrafo medioambiental

Enmarcado no programa EduSostibilidade, realizamos unha sesión de reflexión arredor da necesidade do coidado do medioambiente, a partir do visionado da curta El refrigerador Chillie.

A partir do mesmo decidimos sair pola contorna a observar se na nosa zona existe contaminación de elementos de desfeito e sacar fotos que nos conviden á reflexión.

Como foi tanto o que atopamos decimos, con motivo do Día da terra, 5 de Xuño sair de novo a recoller o que estivese nas nosas mans.A verdade é que a conclusión é que non nos gustou moito o que vimos. Debemos coidar máis a nosa contorna natural.

     
     

No patio; cómic de Resolución de conflitos

Partindo da proposta da Biblioteca do Centro adicamos este mes ao cómic e á resolución de conflitos.

Para desenvolver esta actividade en primeiro lugar facemos unha choiva de ideas sobre posibles conflitos, que por suposto coinciden cos que mási a miúdo ocorren no noso patio.

Plantexamos o conflito e a posible resolución, asignamos os personaxes e facemos a dramatización. 

Unha vez escollidas as fotos facemos o guión e cada quen escribe a súa frase.

Quedounos un cómic ben xeitosiño para a nosa biblio!!!

Filosofía para nenos e nenas: As emocións

Cada semana adicamos, como mínimo unha sesión, a reflexionar sobre temas que implican aspectos trascendentais nas vivencias dos seres humanos e que na nosa escola nos gusta traballar desde as primeiras idades como forma de axudar a evolucionar o pensamento.

Dentro destas temáticas atópanse as emocións, que escollo en base a preocupacións, experiencias e vivencias que van xurdindo nos diferentes momentos da convivencia. 

Preparamos o ambiente e lemos o conto para, posteriormente, iniciar unha sesión de filosofía en base a unhas preguntas iniciais. Traballamos con libros como: Teño medo para o medo, El árbol de los recuerdos para a morte, La vocecita para a xustiza, A cousa que máis doe do mundo para as mentiras…

 

Poesía con sentimento

Neste 2º Trimestre, como parte das propostas de Biblioteca, estivemos a traballar a poesía. Alén de ler moitos poemarios, reflexionamos que a poesía pode ser moi variada.

Despois comezamos a traballar os tipos de palabras, creando o noso propio banco de palabras. 

Elexindo palabras ao azar compuxemos as nosas frases poéticas e asociamos a estas unha emoción. E así nace o  poemario que aquí vos presentamos tamén en formato e-book. 

Agardamos que o pasedes tan ben lendo coma nós facendo.

 Poesía con sentimento

Instalación: Coñecendo a Matisse

Nun recanto da aula inferior, creamos unha instalación de arte adicada a Matisse. Fomentamos así un espazo de aprendizaxe da súa vida e obra cos aspectos máis significativos das mesmas.

Grazas a ela coñecemos o seu nome, algúns dos seus cadros, recortamos como Matisse e creamos con pinceis como o autor.

Obradoiros de Alimentación saudable

Ao longo destas semanas visitounos Jessica para falarnos de cousas moi interesantes sobre os alimentos e a alimentación. 

Con ela repasamos e aprendimos nomes de froitas, verduras, cereais, e tamén falamos sobre cantidades e de alimentos bons e menos
bons. Todas unhas aprendizaxes moi necesarias para a nosa saúde.

 

E que mellor forma de rematar que con un batido frutas que estaba para chupar os dedos.


Facemos unha galletas de medo

Para o taller de cabazas coas familias decidimos cociñar unha galletas de medo. Pasamos momentos divertidos coas formas e a decoración, sempre tendo en conta de rebaixar os niveis de zucre para estar un pouquiño máis sans.

   

VEN A SEDES!

Este video de promoción da parroquia de Sedes enmárcase no Proxecto de Centro, Pasiño a Pasiño  imos polo no camiño. Dado que a  primeira camiñata será en Sedes facemos un video promocional da parroquia cos espazos máis detacados para o alumnado de SEDES.

Agardamos gostedes moito.

 

 

 

 

 

Elaboración: Video Ven a Sedes

Dentro do noso proxecto decidimos elaborar un video que dise a coñecer a nosa parroquia ao resto do CRA, para isto empregamos as
tecnoloxías e seguimos os pasos que a continuación se detallan:

  • eleximos os lugares
  • sacamos fotos. A verdade é que só algunhas porque viñeron moitos días de moi mal tempo, pero imos tanto que xa tiñamos un montón.
  • Eleximos en gran grupo o que queríamos dicir de cada lugar. Era importante que todas e todos falaran e participaran nesta parte porque tiña que ser un video que transmitise o sentir do grupo.
  • Por último no programa dixital Canva eleximos fondos, letras, escribimos, gravamos o audio...

Foi un traballo bonito e completo, cun resultado moi emotivo que podedes ver na entrada seguinte.

XERMOLOS DE FELICIDADE

Comezamos o curso cunha actividade que reflexa o propósito da nosa Escola, a vontade de dar unha atención integral ás necesidades educativas dos nenos e nenas coa participación activa das familias. 

A colaboración nesta actividade para que a plantiña creza forte, segura e fermosa, materializa o vínculo familia-escola como elemento necesario para que os nenos e nenas vivan esta etapa con plenitude.

Para realizar esta actividade inspirámonos no Libro SEMILLAS, de Desireé Acevedo, que reflexa a importancia desta etapa no desenvolvemento integral dos nenos e nenas

BO INICIO DE CURSO !!!

   
Distribuir contido