Conmemoracións

ACTIVIDADES 25 N

Para conmemorar o 25 N o alumnado de educación infantil traballou o conto de "Arturo e Clementina" , na escola do Val presentámolo mediante un conto teatralizado co axuda da tartaruga Clementina. Analizamos o conto, e elaboramos unhas tartarugas baixo o lema " Contra a violencia, verbas de corazón"

ACTIVIDADES 25 N

Outra das actividades que fixemos foi pintar todos aqueles que quixeron as unllas de cor morado e colaboramos na elaboración da pancarta con Ed primaria baixo o lema " cambiar as cousas está nas mans de tod@s"

 

XOGAMOS CON XELATINA E ADORNAMOS CABAZAS

Para rematar as actividades do Samain @s nen@s gozaron na bandexa tuf con xelatina, esta actividade brindou a posibilidade de que xogaran de xeito internivelar, algo que lles encanta.

 

 

Grazas as cabazas que nos trouxeron as familias, puidemos crear adornos terroríficos.

APÓCEMA ANTIMEDOS

Para espantar os nosos medos elaboramos  unha apócema antimedos, con uns ingredientes moi especiais:

Pis de rato, escamas de serpe, sal da cova dos morcegos e pelo de gato negro.

GALLETAS QUE ASUSTAN

@s nen@s de educación infantil estivemos cociñando unhas galletas, miramos todos os ingredientes necesarios, amasamos, escollemos a figura que máis nos gustaba e logo o mellor que foi comelas.

 

 

 

 

 

 

VENRES DE ANTROIDO- CAMIÑANTES DO VAL

O VENRES DE ANTROIDO @S NEN@S DE EDUCACIÓN INFANTIL DISFRÁMONOS DE CAMIÑANTES, SEGUINDO O FÍO CODUCTOR DESTE CURSO SOBRE VIDA SAUDABLE.

A CONFECCIÓN DOS DISFRACES NON FOI TAREFA FÁCIL, @S NEN@S TRABALLARO MOITO

E MEPREGAMOS MATERIAL REUTILIZADO, TUBOS DE PAPEL HIXIÉNICO, CARTÓN, ETC.

 

      

 

 

 

ANTROIDO 2023- MANDATOS DO MECO

 

O MECO O LONGO DESTA SEMANA FOINOS INDICANDO O QUE TRAER A ESCOLA CADA DÍA

 

 

   
   
 
   
   
   

 

 

NADAL 2022

TOD@S @S NEN@S DE EDUCACIÓN INFANTIL E PROFES DO VAL

QUEREN DESEXARVOS UN BO NADAL

 

Distribuir contido