Educación física, Linguas estranxeiras, Música, Orientación, Relixión, Equipo Dinamización da Lingua Galega, Orientación ás familias, ¿Qué é o departamento de Orientación?, Orientacións ao profesorado

Revista Adiante nº32 2021

DESPOIS DO PARÓN OBLIGADO DO CURSO PASADO,  ESTE ANO RETOMAMOS O NOSO XORNAL.
ESTA FEITA CON APORTACIÓNS DO ALUMNADO DE TODAS AS AULAS.  ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!
 


E pinchando nesta portada podes descargar a revista en formato pdf.
 

FORMACIÓN USO AXEITADO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS EN IDADE ESCOLAR

A raíz dunha das reunión trimestrais  das Orientadoras  dos centros adscritos ao FEAL  , comentamos o incremento e o uso ás veces inadecuado de medios dixitais (teléfonos, ordenadores, consolas, etc) que se ve no noso alumnado despois do confinamento .

Do problema detectado xurde unha inciativa conxunta dos 4 centros educativos, dirixida a familias e alumnado; a organización dunha formación online conxunta.

A formación irá dirixida ao alumnado dende 3º de E. Primaria e a todas as familias aínda que non sexan de 3º e 4º.

O alumnado recibirá a formación en horario lectivo, mentres que as familias estades invitadas a unha formación específica, que terá lugar o luns 12 de abril ás 16:30 horas.

Dende o centro se enviará por Abalar o enlace a formación online. O único que teredes que facer para establecer conexión, será COPIAR O ENLACE que recibiredes e copialo no navegador do dispositivo que empreguedes.

Un saúdo.

Aquí tedes o programa completo

24-F: Día de Rosalía

Polo día de Rosalía, o pasado 24 de Febreiro,  o equipo de Normalización Lingüística do CRA propuso que cada aula, fixera un mural cunha palabra representativa da Galiza, para facer un gran mural coas mesmas, este foi o resultado confiamos en que vos guste tanto como a nos:

 

MATERIAL PARA O DÍA DE ROSALÍA

Aquí tedes o material para empregar de elemento motivador para o día de Rosalía. Primeiro o video do libro: Parece unha rosa e a continuación as cantigas Rosalía pequeniña e chove miudiño

 

Cantiga: Rosalía pequeniña de Uxía

Cantiga: Chove miudiño de Uxía

Panxoliña 2020

 

   Neste ano non puidemos xuntarnos para cantar a Panxoliña de todos os anos, pero as tecnoloxías permitíronnos facelo de todolos xeitos. Aquí tedes o resultado:

Panxoliña 2020 (ver)

Panxoliña 2020 (descargar)

 

Esperamos que vos guste e recordade que para vela ou descargala precisades o voso usuario e contrasinal da Aula Virtual.

 

20N DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA

 Hoxe 20 de novembro , celebramos  que todos os nenos e nenas do mundo teñen os mesmos dereitos ,dá igual se es alto ou baixino, grande ou pequeno ,se teus ollos son verdes ou marróns , se naciches aquí ou ala...

Todos temos os mesmos dereitos !!!

 

Un Circuito...de andar por Casa

Ola a todas/os:

Para rematar este extraño fin de curso, traemos un circuito caseiro, de andar por casa, que podemos facer facer con cousas que todos temos na nosa casa, na ficha damos algunha opción pero se non tendes podedes usar o que argalledes para iso... O circuito ten 3 niveis de dificultade pero podedes inventar outros....

Tamén as/os que queirades podedes grabar un video e mandarno a cesar.vinas@edu.xunta.gal ou a inicroboticaval@gmail.com, e así podo ver o ben que o facedes...

Pinchando na imaxe podedes descargar a ficha explicativa do circuito, esperamos que vos guste!!!

Distribuir contido