Sedes

MAGOSTO NO CRA

Desta vez toca xuntarse e celebrar. É o momento de reencontrarnos e alimentar ese sentimento de cole grande que somos.

Nesta ocasión en Sedes celebramos o Magosto con xogos, bailes, bolos preñados que nos trouxo a ANPA e as bonitas historias de natureza de Anxo Moure.

Xa estamos agardando a seguinte!!

TEATRO: UN PEZ EN MI CORAZÓN

No marco da Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil organizada polo Concello de Narón, acudimos ao auditorio á obra "Un pez en mi corazón" da compañía basca Mar a Mar Teatro. A superación de medos co mar como contexto, foi o fío conductor, ambos aspectos relacionados co traballo das últimas semanas no CRA.

Inclúense no Programa Emocióna-T e no Plan de Benestar que desenvolvemos no presente curso.

SAMAÍN NA ESCOLA (PARTE III)

Xa como final de celebración, acuden ao cole bruxas, gatiñ@s, esqueletes e demos para experimentar e manipular con pringues e apócemas nas bandexas sesoriais.

Pasárono terroríficamente ben. Canta motivación xeran os pringues ;-)

SAMAÍN NA ESCOLA (PARTE II)

Como lectura de Samaín, para axudar a afastar os medos, lemos o conto "Sacapenas" de Kalandraka, onde Bieito ten tantos medos que lle preocupan que non é quen de durmir. Para solucionar isto a súa avoa axúdalle a facer os bonecos sacapenas, típicos da cultura guatemalteca, que só con contarlle as súas preocupacións, axúdanlle a durmir ben.

Coa chegada da noite de Samaín, na Escola de Sedes aproveitamos para traballar a emoción do medo, falar sobre ela, identificala e expresala. Isto forma parte das actividades do Plan de benestar e do Programa Emociona-T.

Cada quen realizou o seu propio Sacapenas, escollendo cores, ensartando, atando e peinando.
Xa podemos durmir ben porque co noso Sacapenas..., fora medos!!!

 

SAMAÍN NA ESCOLA (PARTE I)

Como xa é tradición na nosa Escola, adicamos unha xornada ao vaciado e decoración de cabazas coas familias de Sedes e os nenos e nenas que marcharon para Primaria. 

Emocionantes reencontros, xogo e merendola para dar a benvida á nova estación. E por suposto... terroríficas cabazas!!!.

 

ARTE E LIXO: XERME DO SIMBOLISMO NA ESCOLA DE SEDES

 

Despois de ter recollido o lixo no areal da Frouxeira, e unha vez xa limpo e seleccionado, observamos a obra de @retoqueretro_ , que vos animo a coñecer.

A impresión foi tal, que decidimos facer nos tamén as nosas propias obras. A creación foi completa por parte do grupo. Pensalos, coordinarse, desbotar propostas e integrar as nova. Un incrible traballo en equipo que deu os marabillosos froitos que vedes a continuación. 

Arte efímera en toda regla.

LIMPAMOS O AREAL DA FROUXEIRA

 

Dentro do Proxecto Global que levamos adiante no CRA sobre o mar, decidimos ir limpar á praia da Frouxeira, como medio para concienciar sobre a importancia de coidar o noso medio, un paso necesario para coidar o medio mariño e todo o que este abrangue.

Tivemos un clima estupendo e foi unha bonita primeira saída na que partipamos todo o CRA. 
Limpamos, observamos espazos que non coñeciamos da nosa contorna como as casiñas de avistamento de aves da Lagoa ou as zonas protexidas para a reproducción da Píllara, merendamos e xogamos.

BARQUIÑOS DE PAPEL

 

Cando recibimos a carta de Bufiña, entusiasmounos saber sobre o mar e as viaxes en barco, así que decidimos facer o noso propio barquiño de papel.

1.- pintamos o papel con ceras

2.- dobramos o papel seguindo os pasos


3.- puxemos o noso barco a nevegar

 

MENSAXE NUNHA BOTELLA

Para darnos a benvida neste novo curso, Bufiña fíxonos chegar unha mensaxe nunha botella.

Cada quen coa súa botella, cada familia coa súa mensaxe, unha calurosa benvida que agardo sexa o presaxio dun marabilloso novo curso

 

.

CON BUFIÑA AO RESCATE

Comezamos este novo curso e Bufiña xa nos ten unha misión: rescatar un grupo de animais mariños que se perderon por Sedes en busca de aventuras.

Saímos a ratrexar e xa atopamos a zona onde podían terse perdido, así que agora só nos ficaba poñérmonos mans á obra e iniciar a OPERACIÓN RESCATE!!

Distribuir contido