Equipo Dinamización da Lingua Galega

MATERIAL PARA O DÍA DE ROSALÍA

Aquí tedes o material para empregar de elemento motivador para o día de Rosalía. Primeiro o video do libro: Parece unha rosa e a continuación as cantigas Rosalía pequeniña e chove miudiño

 

Cantiga: Rosalía pequeniña de Uxía

Cantiga: Chove miudiño de Uxía

Os Maios do CRA 2020

Debido a gran participación  novamente das familias, o que vos agradecemos enormente, tivemos que facer varios Maios porque non nos cabian todos nun só. Esperamos que vos gusten...

Val Infantil

Val Primaria

Domirón

Pinchando nos diferentes maios, podedes descargarlos en tamaño A3 para poñer coma un poster.

Esperamos que vos gusten!!!

 

 

O MAIO DO CRA

                                                                      

                                                                                                                  SE PINCHAS AQUÍ  PODEDES ESCOITAR  CANCIÓN DOS MAIOS QUE CANTAMOS NO COLE  

  

 

Este ano, desde o CRA, para cumplir coa tradición dos maior propoñemos facer esta divertida proposta:

 

 -TERÁS QUE FACERTE CUNHA OU VARIAS FLORES: ben as podes sacar do xardín, collelas nun campo cando saias a  pasear, debuxando ou facendo unha manualidade (con cartóns de ovos, papel de magdalenas, tapóns, plastilina...) cadaquen como queira.

 

 -SACAR UNHA FOTO DAS FLORES OU TI CON ELAS: con esas fotos que nos mandedes (usando as canles habituais) faremos unha montaxe creando o maio do CRA.

  

DATA LÍMITE DE ENTREGA ATA O MÉRCORES 6 DE MAIO 

 

Aquí tedes algún exemplo de flores pero seguro que se vos ocorren outras ideas: 

 

   

 

 

A parte desta proposta tamén vos queríamos informar que dende o Concello propoñen facer un maio na cas co lema "EN NARÓN OS MAIOS AO BALCÓN" para saber como podedes participar tedes a información premando no seguinte vídeo:  

                                                                                                                                                                                                                                             

                                                           

                                                              E SE QUERES COLOREAR A SEGUINTE  IMAXE PINCHA NELA 

 

                               

                                                                                                                                        

Intercentros 2019....Facendo Teatro

 

O grupo de 4º de Primaria representou a obra ANTÓN NO PAÍS DAS MERENDAS no certame Intercentros de Narón, no Pazo da Cultura, o 29 de abril, obtendo un accésit como premio pola súa participación na categoría de expresión oral. Esta mesma obra, unha adaptación dun texto de Lupe Ces e con poemas de Antón Cortizas, representárona ademais no Teatro Jofre de Ferrol o 14 de maio, dentro do certame Teatro con G, organizado pola coordenadora de equipas de normalización lingüística de Ferrolterra. Nesta actuación tiveron como público a nenos dos colexios Ludy e Isaac Peral, familiares e a todos os compañeiros de Primaria do Val. A obra remata cun twist, no que Antía, Sabela, Brais, Víctor, Daniel e Álex bailan e cantan.

 
 

E aqui tendes o enlace para ver o video da actuación no Jofre:

https://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/aulavirtual/pluginfile.php/1891/mod_resource/content/1/Jofre14-maio_AntonNoPaisDasMerendas.mp4

 

 

 

 

 

 

 

Correlingua 2019

Un ano máis o CRA de Narón sumouse ao Correlingua, este ano tivo lugar no Pazo da Cultura de Narón, e as nenas e nenos, e tamén o profesarado, tivemos a sorte de desfrutar de Paco Nogueiras e o seu espectáculo Radio Bule Bule.

E a pesar de ser no Pazo as/os pequenos/as non deixaron de bailar e desfrutar coa nosa lingua.

 

E o ano que ven máis!!!

O Noso Calendario 2019

Como cada ano o alumnado das distintas escolas do CRA fan un calendario, cada ano dunha temática diferente, para o ano entrante; este ano a temática elexida foi grandes mulleres galegas.

Cada nena e neno levaron un exemplar, pero se queredes ter outro para regalar ou por calquer outro motivo, aqui podedes descargalo.

Esperamos que vos guste.

Intercentros 2018

Aqui están os Murais que presentamos este ano para o Certame Intercentros 2018

4ºInfantil Val 5º Infantil Val
6ºInfantil Val 4ºInfantil Domirón
5ºInfantil Domirón 6ºInfantil Domirón
Sedes Pedroso
1ºPrimaria Val 2ºPrimaria Val
3ºPrimaria Val 4ºPrimaria Val

E estas as actuación:

Rosalia Pequeniña (5ºInfantil Domirón)

https://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/aulavirtual/mod/resource/view...

Twist dos Inventos (4º e 6º Infantil Domirón)

https://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/aulavirtual/mod/resource/view...

Menuda Carapuchiña (4º Primaria Escola Do Val) Gañadora na categoria de Teatro

https://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/aulavirtual/mod/resource/view...

 

Opcións de Descarga:

Rosalia Pequeniña

https://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/aulavirtual/mod/resource/view...

Twist dos Inventos

https://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/aulavirtual/mod/resource/view...

Menuda Carapuchiña

https://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/aulavirtual/mod/resource/view...

 

 

Calendario 2017

Podedes descargar o calendario do 2017 facendo clic na imaxe adxunta, feita polos/as nenos/as do CRA, o motivo deste ano foi "Feito en Galicia"

Distribuir contido