Ed. física

Dado de Yoga

Aqui tendes un dado moi especial, como nos dados mandóns ou o xogo do dado, terás que tirar o dado e facer a postura que te mande...Sorte!!!

Xogos de Mesa....motrices!!

Ainda que non o parezca, xa que todos os días son iguais...hai veñen as vacacións de Semana Santa, e o voso traballo será....XOGAR!!

Aqui tendes uns xogos de mesa motrices, duas ocas e un parchis para que imprimades o taboleiro e...a xogar e movernos un pouco!! Esperamos que vos gusten!

OCA #1 OCA # 2 PARCHIS

Idea orixinal: https//claudiojiga.wixsite.com/edufis

Idea orixinal: CEIP Manuel Masdias  

Muiñeira do Plástico

Antes de que todo isto comezase, tíñamos entre mans un proxecto de bailar, cantar e tocar unha muiñeira...Se queredes seguir prácticando ou ensinarlle as familias o baile aqui o tendes: por lado a música, por outra a letra, e logo videos de cada punto, para 1º e 2º por un lado, e para 3º e 4º polo outro.

Recordade que as parte de roda son sempre camiñando ao ritmo da música, e os paseos son cara dentro e fora de roda (3 pasos e xuntamos os pes)

Aqui tendes o enlace a os materiais

https://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/aulavirtual/course/view.php?i...

So tendes que entrar como convidados se non lembrades o voso usuario e contrasinal.

 

A música é unha adaptación que nos fixeron o grupo Tanto Nos Ten para nos, sobre unha peza deles, chamada Muiñeira das Furnas, aumentaron unha copla e baixaron un pouco a velocidade. Moitas Grazas de verdade!! Sodes grandes!!!

  Fai clic aqui para visitar a súa páxina web. E aqui tendes o seu canal de Youtube

 

 

Circuitos de Pés e Máns

Hoxe traemos unha plantillas para descargas de pes (dereito e esquerdo) e das mans (dereita e esquerda), so tendes que imprimir varias de cada (se non queredes ou non podedes imprimilas, tamén podedes debuxalas nun carton ou papel) e deixar voar a imaxinación para facelo máis ou menos complexo, aqui vos deixo algunhas propostas.

Pé Dereito

Pé Esquerdo

Man Dereita

Man Esquerda

O Xogo do Dado

Tendes un dado por casa?? por xa tendes como pasar o rato e de paso movernos un pouco...gaña que supere os retos ata xuntar os puntos que queiras (3-5-10...) cada reto superado é un punto....Moita sorte e a pasalo ben!!!

Desfile de Animais

aqui tendes unha ficha de diferentes animais que podemos imitar, así que a divertirse e facer que somos animais...

Dados Mandóns

Descarga e imprime os pdf, montade os dados, lanzalo o aire....e a facer o que nos mande.

Dado 1

Dado 2

Dado 3

Dado 4

Un Mar de Muiñeiras. Video Oficial

Xa temos o video oficial do Mar de Muiñeiras, esperamos que vos guste:

 

 

Distribuir contido