Edu-saúde

7 DE ABRIL DÍA MUNDIAL DA SAÚDE: A MIÑA SAÚDE, O MEU DEREITO

Os nenos e nenas de educación infantil de escola do Val para conmemorar o día mundial da saúde recrearon algúns dos elementos  do lema deste ano 2024 , centrado na defensa dos dereitos de todas as persoas, onde sexa que se atopen , teñan acceso os sistemas de saúde, a educación , a información de calidade, a auga potable, aire limpo, boa alimentación, vivenda de calidade...

7 DE ABRIL DÍA MUNDIAL DA SAÚDE: OBRADOIRO DE XOGOS SIMBÓLICOS SOBRE A SAÚDE

Os nenos e nenas de educación infantil pasaron unha xornada xenial xogando a distintas activiades simbólicas sobre a saúde.

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

Do 2 ao 5 de abril adicámolo á saúde, como recomendacións temos: Sopa verde, Las pirañas no comen bananas, Sopa 100% embrujada, Un rico pastel, Sanotes, sanitos, El vampiro Edelmiro, Hoy cocinan ellos, Una rica merienda, Miña casiña, meu lar, ¡Ñam! sobre lo que comemos.

ANDAINA ATA BALTAR

Este venres 22 de marzo, realizamos unha andaina dende a nosa escola ata o convento de Baltar. Rematamos así, este segundo trimestre e festexamos o inicio da primavera.

Esta actividade enmárcase dentro do contrato programa EDU-SAÚDE.

Pasamos unha xornada moi agradable de convivencia!

Olla o vídeo para comprobalo!

 

 

ANDAINA ATA BALTAR 

CALDO DE GLORIA DE ROSALÍA, O NATURAL FRONTE AO ULTRAPROCESADO

Conmemoramos o Día de Rosalía coas familias elaborando un "Caldo de Gloria" inspiradas no poema Miña casiña , meu lar. Para isto clasificamos os ingredientes da receita, identificando as verduras, os tubérculos,os legumes e as carnes e falando das súas propiedades.

Reflexionamos sobre a importancia de comer variado e productos naturais e non os ultraprocesados e industriais en beneficio da nosa saúde.

Xa por último seguimos os pasos para elaborar o caldiño que pola tarde compartimos coas familias na Escola de Sedes.

3º EP- A BICICLETA: NORMAS E BENEFICIOS DO SEU USO

O alumnado de terceiro de primaria participou na actividade promocionada dende o Concello sobre as normas á hora de empregar as bicicletas percorrendo diferentes circuitos. A súa vez aprobeitamos para conversar sobre os beneficios do uso da bicicleta para a nosa saúde : exercicio físico, coordinación, atención, etc.

OBRADOIROS DE NUTRICIÓN SAUDABLE

As nenas e nenos de 4º de Educación Infantil das escolas de Domirón e o Val, realizaron un obradoiro de nutrición saudable ofertado polo concello de Narón.

Realizaron diversas actividades nas que traballaron a importancia de incorporar as froitas e as verduras na alimentación diaria.

O obradoiro rematou elaborando un batido de froitas que estaba riquísimo.

 

DEPORTES DE AUGA: O SURF

O pai de Mai explicounos e mostrounos todo o necesario para practicar o surf : o neopreno, a táboa coas súas partes. O deporte e algo fundamental para a saúde, canto máis deporte fagamos mellor nos sentiremos.

PRIMEIROS AUXILIOS - FORMACIÓN DO PROFESORADO

Dentro do plan de autoprotección do centro inclúese unha formación para o profesorado que nos realizou Daniel Lorenzo, Técnico de Prevención do Concello de Narón. Nesta formación aprendemos aspectos básicos de primeiros auxilios ( uso do botiquín, accións en caso de atragantamentos, paradas cardíacas,etc).

Distribuir contido