Edu- sostibilidade

ÁRBORE DE NADAL INFANTIL

Cada aula de infantil pintou unha caixa de madeira

ÁRBORE DE NADAL PRIMARIA

Cada aula de primaria coloreou unha das caixas de madeira

 

 

 

MANDALAS MARIÑAS CON MATERIAL DE REFUGALLO RECOLLIDO NA SAÍDA A PRAIA DA FROUXEIRA E NOUTRAS PRAIAS.

Co material que @s nen@s  de 3º recolleron na praia e trouxeron a aula doutras praias elaboraron preciosas mandalas mariñas.

ARTE E LIXO: XERME DO SIMBOLISMO NA ESCOLA DE SEDES

 

Despois de ter recollido o lixo no areal da Frouxeira, e unha vez xa limpo e seleccionado, observamos a obra de @retoqueretro_ , que vos animo a coñecer.

A impresión foi tal, que decidimos facer nos tamén as nosas propias obras. A creación foi completa por parte do grupo. Pensalos, coordinarse, desbotar propostas e integrar as nova. Un incrible traballo en equipo que deu os marabillosos froitos que vedes a continuación. 

Arte efímera en toda regla.

SAÍDA AO AREAL DA FROUXEIRA- RECOLLIDA DE LIXO

O alumnado do CRA de Narón , incluidos @s nen@s de 5º e 6º de EI da Escola do Val, desprazaronse ata Valdoviño para realizar uha camiñata polo paseo do Lago, gozando das árbores, dos animais da contorna e ao chegar o areal fixeron unha recollida do lixo que atoparon.

 

 

Reutilizando fixemos cousas fermosas.

Aquí tedes un exemplo de moitas cousas que fomos facendo ao longo do curso empregando difernetes materiais e reutilizando, dentro do noso programa edu sostibilidade. Quedaron xenial!

 

   

        

                                                        
       
       
       
       

Fotógrafo medioambiental

Enmarcado no programa EduSostibilidade, realizamos unha sesión de reflexión arredor da necesidade do coidado do medioambiente, a partir do visionado da curta El refrigerador Chillie.

A partir do mesmo decidimos sair pola contorna a observar se na nosa zona existe contaminación de elementos de desfeito e sacar fotos que nos conviden á reflexión.

Como foi tanto o que atopamos decimos, con motivo do Día da terra, 5 de Xuño sair de novo a recoller o que estivese nas nosas mans.A verdade é que a conclusión é que non nos gustou moito o que vimos. Debemos coidar máis a nosa contorna natural.

     
     

Visita ao Gadis de 1º e 2º.

                                             

          

 

 

 

 

 

       

  As nenas e nenos de 1º e 2º vistamos o Gadis, onde aprendimos moitas cousas para levar unha dieta saúdable e sobre un consumo sostible.

 

 

DÍA DA FAMILIA 15 DE MAIO.

As nenas e nenos de 1º e 2º elaboraron o xogo de tres en raia, reutilizando corchos e empregando unha bolsa de tea para debuxalo. Esperamos que vos gustara un montón, fixéronno con moita ilusión.

Distribuir contido