Celebración do Nadal

 

Como cada ano, as escoliñas do CRA xuntámonos para celebrar todas xuntas e xuntos o Nadal.

Unha mañá moi divertida na que desfrutamos tod@s xunt@s do espectáculo de "Orquesta Pantasma", comemos un riquísimo chocolate con churros e xogamos coas nenas e nenos das tres escolas.

Foi unha xornada chea da maxia propia do Nadal.

CRA de Narón Nadal 23/24

AXUDAS DO CONCELLO DE NARÓN PARA MATERIAL ESCOLAR E COMEDOR

O CONCELLO ABRIU O PRAZO PARA AXUDAS, TODA A INFORMACIÓN PODEN VELA NA PÁXINA DO CONCELLO DE NARON, O ENLACE É ESTE

Libros de texto curso 2023-24

NO ARQUIVO ADXUNTO ATOPARÁN A LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO

E MATERIAL DIDÁCTICO 2023-24 PARA EDUCACIÓN PRIMARIA

ANDAINA CONTORNA DOMIRÓN

O xoves pasado realizamos a 2ª andaina do noso proxecto " Pasiño a pasiño imos polo bo camiño".

A ruta foi: Escola de Domirón- Área recreativa do Couto.

Alí realizamos unha actividade para conmemorar o Día do Libro: Padriños lectores

Os nenos e nenas de educación primaria apadriñaron ós máis pequenos en pequenos grupos.

Eles mesmos escolleron, prepararon e leron un conto a cada grupo.

Fixéronno xenial,foi unha experiencia preciosa de convivencia e amizade!

Despois merendamos, xogamos e volta...

Resultou un día IN-CRÍ-BLE!!!!

ENGLISH WORKSHOPS

No segundo trimestre, coa colaboración do Concello de Narón, tivemos a sorte de contar con obradoiros en inglés nas tres escolas do CRA de Naron (Domirón, Sedes e o Val), foi moi divertido!


 

 

 

 

 

VIDEO CELEBRACIÓN DO NADAL!

QUEREMOS MOSTRARVOS UN ANAQUIÑO DO NADAL NO CRA DE NARON!

Distribuir contido