Skip to Content

Educación Primaria

Visita ao Centro de día de Valga

Durante dúas xornadas o alumnado do CPI de Pontecesures, 5º e 6º de Educación Primaria, compartiu momentos de lecer coas usuarias e usuarios do Centro de Día de Valga. Estas actividades axudan por un lado a sensibilizar ao alumnado coas dificultades que presentan os nosos maiores e por outro, fan que os maiores poidan gozar da alegría que desprenden os nenos e nenas. Moitas gracias ao todo o personal pola súa agarimosa acollida e a información que nos transmitiron. Ben seguro que, alumnado e profesorado, o teremos en conta no día a día.

 

centro de día instalacións do centro de día
actividades no centro de día
actividades no centro de día merenda no centro de día

Charla de Alicia Borrás

O pasado 10 de abril, Alicia Borrás fixo unha visita ao CPI de Pontecesures. Na nosa biblioteca, a autora de "Nata y chocolate" e "¡Nata y chocolate invencibles!" conversou co alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria sobre a historia que envolve a estes libros, que tanto éxito tiveron no centro, así como a súa propia historia como escritora. Gracias Alicia por compartir co alumnado e profesorado esta xornada tan especial.

foto charla alicia borrás

Visita de Paco Nogueiras

O venres 5 de abril tivemos no centro unha visita moi especial! Achegouse á nosa biblioteca Paco Nogueiras, un mestre na arte de contar e cantar un montón de historias. O alumnado de infantil e primeiro ciclo de primaria non só puido escoitar unha morea de historias, senon que inventaron e cantaron un rap cunha delas. Moitas gracias Paco Nogueiras por facernos gozar da lectura desta maneira tan divertida!

sesión con paco nogueirassesión con paco nogueiras

Saída didáctica a Santiago de Compostela

O alumnado de 3º e 4º de Primaria asistiu, no Auditorio de Santiago de Compostela, a un concerto da Real Filarmónica de Galicia, onde puideron gozar coa interpretación de Mozar Miúdo. Despois de deleitarse con estas pezas musicais tan especiais, inda quedou tempo para dar un bonito paseo polo parque de Vista Alegre.

 concerto didáctico

 

concerto didáctico

Visita dos Bolechas

O pasado 28 de marzo tivemos unha visita moi especial no centro. Tatá e o curmán Kofi pasaron pola biblioteca do centro a contarlle ao alumnado de 2º e 3º de primaria cousas moi intersantes sobre os residuos dos aparellos electrónicos.Que divertido é aprender con estes amigos!

os bolechas

Saída didáctica ao Museo do Pobo Galego

O alumnado de 1º e 2º de Primaria visitou o Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela. Neste, non só puideron recorrer as súas magníficas instalacións, senon que tamén aprenderon moitas cousas sobre a nosa cultura. E que mellor forma de aprender que facelo a través do xogo!

museo de pobo galego

museo de pobo galego

museo de pobo galego

Poesía en grupo

Traballar en grupo sempre é divertido, pero se ademais podemos deixar voar a imaxinación o día vólvese máxico.

Un saúdo para a paz

Neste curso, e con motivo da celebración do día da Paz, o alumnado de 5ºB decidimos facer entre toda clase un poema.

Rima a rima descubrirás unha ensinaza moi especial.

Esperamos que o disfrutes.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut