Skip to Content

Educación Primaria

Programa XOGADE

O pasado 3 de decembro, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria participou na competición deportiva do "Programa Xogade" organizado en Portas.

 

O alumnado de 5ºB expón "Os cinco sentidos"

Dende 5ºB presentamos o resultado do noso traballo "Os cinco sentidos".

 

Versos de Samaín

Antes de iniciar o merecido descanso, o alumnado de 5ºB quixo despedir a festa do Samaín dun xeito moi especial. Tirando de inxenio e humor, crearon entre toda a clase unha pequena peza musical.

Ideas, palabras e rimas inundaron as pizarras para, como se de un crebacabezas se tratase, facer que cada peza encaixara á perfección. Agora xa sabemos que podemos facelo...e ti tamén podes! Atréveste a crear a túa?

 

Ler conta moito

O pasado 23 de outubro o alumnado de 1º e 2º gozou da actividade "1, 2, 3,... A que non o ves" onde a narradora é unha exploradora, e vai contando como é a súa aventura ata chegar ao pais dos monstros. Que ben o pasaron! Non hai máis que verlles as caras!

alumnado na biblioteca municipal

Ler conta moito

O xoves 10 de outubro o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria asistiron á Biblioteca Municipal de Pontecesures para disfrutar da súa actividade do programa "Ler conta moito". Nesta ocasión ficción e realidade mesturaronse entre a dureza da historia da "Biblioteca secreta" onde nos mergullaron na terrible situación que se viviu en Siria, concretamente no lugar de Daraya, e como os seus valentes habitantes conseguiron salvar unha morea de libros; e por outra banda o divertimento e surrealismo da historia "El beso de la princesa" onde as aventuras de Sapita, Saponcio e Sapiencia fixeronnos rir con ese final tan inesperado. Non é necesario dicir que foi unha velada extraordinaria!

5º e 6º na actividade Ler conta moito

Obra de teatro "Marcelina en la cocina"

O alumnado de 6ºB de Educación Primaria traballou arreo para por en escena unha obra de teatro para os nenos e nenas de Educación Infantil, e que reproduce o conto "Marcelina en la cocina". Moito traballo, moitos nervios pero unha grande ilusión! Velaquí o resultado.

 

Excursión fin de curso 5º e 6º de Primaria

O pasado luns 17 de xuño, os cursos de 5º e 6º de Educación Primaria fixeron a súa saída de final de curso ás Illas Cíes, puidendo disfrutar deste Parque Natural das Illas Atlánticas. Pasárono xenial!

 

Obradoiro de contacontos e charla de Identidade de Xénero

Chrysallis regresou ao centro para poder ter unha sesión co alumnado de 3º e 4º Primaria. Os alumnos e alumnas non querían quedar sen esta sesión, e abofé que foi ben aproveitada!

alumnado de 3º y 4º en la charla de Cryrsallis

O venres 3 de maio visitounos a Asociación Chrysallis para impartir un obradoiro de contacontos e unha charla informativa para fomentar á sensibilización sobre as diferentes identidades sexuais. Puidemos así saber que hai unha maior diversidade de xénero da que cremos, facendo especial fincapé na realidade dos menores transexuais.

contacontos e charla de identidade de xénero

Actividade acuática na praia de A Lanzada

O pasado 12 de xuño, o alumnado de 6º de Educación Primaria iniciouse no SURF coa Escola Prado Surf, de O Grove (A Lanzada). Alí non so tiveron acceso ao material preciso para realizar a actividade, senon que recibiron unha clase introductoria coas nocións básicas deste fantástico deporte. Tamén, e como non podía ser menos duns amantes do mar, concienciáronse da importancia de coidar o medio e facer todo o posible para que non se estrague! Unha actividade completísima!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut