Skip to Content

Educación Primaria

O sistema solar en 1ª de Educación Primaria

O alumnado de 1º de EP elaborou os sistemas solares coa axuda das súas familias. Aquí podes ver unha mostra do resultado.

debuxos do sistema solar de 1º de Primaria

 

Se picas en ler máis poderás ver as imaxes amplificadas.

A nosa aula, un laboratorio

Para estudiar os cambios de estado e as reaccións químicas que mellor que experimentalo na práctica. Por iso, 6ºB de Educación Primaria convertemos a nosa aula nun laboratorio e durante toda unha xornada dedicámonos a ver na realidade o que nos explican nos libros.

Todo un día de descubrimento, reflexión e comprobación de hipóteses.

Senlleiras. As mulleres das Letras.

O día 27 de maio asistiu ao centro o monologuista e humorista Pedro Brandariz co seu espectáculo "Senlleiras. As mulleres das Letras". O alumnado de Educación Primaria puido gozar dunhas sesións expositivas, en clave de humor, sobre vida e obra das cinco mulleres ás que lle adicaron, ata o día de hoxe, As Letras. Un número notablemente inferior ao número de homes homenaxeados (máis de 60).

Rosalía de Castro, Francisca Herrera, María Mariño, María Victoria Moreno e Xela Arias viñeron a participar no espectáculo da man de Pedro que, no rol do dectective Castelao, reproduciu as escenas e os feitos que fan que o galego estea en perigo e acadou a nosa complicidade para mellorar a situación da lingua da galega e das mulleres, en xeral. Facéndonos ver que estas cinco mulleres e outras moitas, coas súas obras salvaron o galego e agora... TÓCANOS A NÓS!

Alumnado vendo Senlleiras

Alumnado vendo Senlleiras

23 de Abril - Día do Libro

O alumnado de 1º de Educación Primaria quere compartir con todos o entusiasmo que senten cada día cando se mergullan nas historias, aventuras e andanzas que lles ofrecen os libros.

Feliz Día do Libro!

Alumnado de 1º de Primaria

Primeiro premio FEGAMA "E ti, como ves o cambio climático?"

Premio Tomás MelónDesde o CPI de Pontecesures queremos felicitar ao alumno de 6ºB de Educación Primaria,Tomás Melón Rodríguez, polo seu premio no concurso "E ti, como ves o cambio climático?" organizado pola Federación Galega de Medio Ambiente (FEGAMA).

Co seu bo facer, as ganas de superarse e o seu esforzo e tesón, conseguiu acadar, na súa categoría, o primeiro premio deste concurso.

Coñecendo a súa implicación coa escritura ao longo de todos estes anos, estamos seguros de que nos atopamos ante alguén cun futuro prometedor neste ámbito e desde aquí queremos animalo a que continúe abraiándonos co seu talento e ofrecéndonos historias que nos fagan viaxar.

Deixámosvos o enlace da FEGAMA onde atoparedes aos gañadores deste concurso, así como os seus traballos. Tamén podes ler o conto de Tomás no arquivo adxunto que acompaña a esta nova.

Visita ao Belén Artesanal de Porto

O alumnado de 2º de Primaria visitou o Belén artesanal situado no lugar de Porto. Alí puideron ver que, co esforzo das súas veciñas e veciños, o Nadal volve ás nosas vidas.

 Belén artesanal

Se queres ver todo o que aprenderon nesta saída podes visitar a nova no blog de O Trasno Paroleiro.

Esperando o Nadal

O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria, xunto coas súas familias, colaboraron coa mestra Guada para amosarnos a ilusión coa que están a esperar o Nadal. Esperamos que vós teñades as mesmas ganas de gozar destas festas.

Alumnado de 1º de Primaria

 

Día Internacional das Persoas con Discpacidade

O día 3 de decembro celebrouse o Día Internacional das Persoas con Discapacidade e a aula de 1º de Educación Primaria quixo conmemoralo dun xeito moi especial. Se queres ver como o fixeron, podes ver este vídeo. 

Ler conta moito

O pasado martes 17 de novembro, o alumnado de 6º de Educación Primaria puido gozar da visita ao mural O Tren de Varela e da actividade ofertada polo concello "Ler conta moito". Alí, descubriron que ata o recordo máis simple como é aprender a contar ata 10 pode converterse nunha gran aventura chea de humor e sentimento se a persoa que cha conta é capaz de facerche viaxar ata á infancia máis lonxana. Tamén puideron descubrir a onde viaxa o vento, o marabilloso que é de vez en canto botar a vista cara arriba para descubrir ás gárgolas, aos bárbaros non tan bárbaros e a importancia do amor nas nosas vidas. 

 

Alumnado de 6º na actividade Ler conta moito

logo ler conta moito

Ler conta moito

Alumnado na actividade Ler conta moitoDurante o mes de outubro, o alumnado de Educación Primaria asistiu as actividades de Ler conta moito que, como cada ano, nos oferta o concello para poder disfrutar da lectura dun xeito diferente. Contos, lendas, historias, representacións, misterio, experimentos e maxia son o éxito destas actividades que tanto disfruta o noso alumnado. As respresentacións ás que asistiron foron: 

- O obradoiro de creacontos, para 3º de Educación Primaria.

- Experimentos científico-artísticos, para 5º de Educación Primaria.

- Rescate na biblioteca, para 4º de Educación Primaria.

- Contacontos Dada o duende, para 2º de Educación Primaria.

- Pitusiña, para 1º de Educación Primaria.

 

E, en breve, os maiores desta etapa educativa poderán desfrutar da súa actividade.

 

logo ler conta moito

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut