Skip to Content

Educación Primaria

Excursión de 5º e 6º de Educación Primaria.

O pasado xoves 26 de maio o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria fixeron a súa primeira inmersión na navegación, incluindo no seu vocabulario palabras como foque, vela maior, babor, estribor, trapa,... E, despois de izar velas, emprenderon viaxe pola ría levando a súa embarcación ata a Illa de Cortegada, onde gozaron dunha magnífica xornada de praia.

 

Camiño de Santiago

O pasado venres 20 de maio o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria realizou unha excursión a Santiago de Compostela onde, por unha xornada, se converteron en peregrinos e peregrinas. Fixeron un anaco do último tramo da ruta, percorrendo as rúas de Compostela, gozando das vistas ao revés da Catedral, realizando o rito de entrada da Porta Santa e, como non, contándolle todas as súas andanzas a Rosalía de Castro e Valle-Inclán. No seguinte vídeo verás a alegría e a emoción coa que discorreu o día.

 

Encontro con Pere Tobaruela

Hoxe, 27 de abril, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria recibiron a visita do escritor Pere Tobaruela para explicar o proceso de escritura dun libro.

Rematou a sesión cunha firma de libros.

 

Superpreguiceiro

O alumnado de 1º de Educación Primaria ven de representar a obra "O superpreguiceiro", unha peza teatral insipirada no conto realizado por Xenaro o curso 2020-2021.

Ademais, para amosarnos a súa destreza coa Lingua de Signos, decidiron facer tamén accesibe esta obra para persoas xordas.

Esperamos que vos guste.

 

25 de Novembro: Día Internacional de la Eliminación de la Violencia contra la Mujer

Neste 25 de Novembro, toda a comunidade educativa, querémonos sumar a esta celebración de rexeitamento da violencia, unha lacra que desexamos se erradique o antes posible e da que vemos que nos queda camiño que percorrer.

Amosámosvos algúns dos traballos realizados polo alumnado de Educación Primaria.

 

Novembro, o mes da ciencia en galego.

O alumnado de 2º de Primaria confeccionou a maqueta dun volcán e, despois de practicar e experimentar na súa aula, visitaron a aula de 1º para ensinarlles este experimento. Foi tan emocionante, que o alumnado de 1º de Primaria tamén quixo facer erupcionar este inofensivo volcán.

Se visitas o Blog do Trasno Paroleiro podes ver as fotografías e vídeos que amosan esta magnífica actividade.

Teatro no CPI de Pontecesures

A pesar de todas as restriccións que a pandemia do COVID trouxo ao noso centro, o alumnado non quería abandoar as boas costumes. O teatro forma parte da vida do noso alumnado, e inda que moitas veces facemos as función de espectadores nesta ocasión tocounos ser protagonistas e agasallar ao resto das clases co noso traballo. 

Ábrese o telón!

  

 

Sexto canta "L´Oiseau Et l´Enfant"

Despois dun curso aprendendo un novo idioma, que mellor forma de celebralo que a través da música. É por iso que o alumnado de Sexto de Educación Primaria ofreceunos unha actuación na que cantaron "L´Oiseau Et l´Enfant" cun coro moi especial: os rapaces e rapazas de 1º de Primaria!

Esperamos que o vos guste!

 

5º e 6º de EP fan surf na Lanzada

Os días 10 e 11 de xuño, o alumnado de 5º e 6º tiveron a posibilidade de facer unha saída do centro para realizar outro deporte acuático: surf.

Nesta excursión, ademais de aprender as técnicas básicas para poder surfear as ondas, tiveron a oportunidade de visitar unha batea en O Grove e así saber máis dos exquisitos manxares que nela se producen. 

Nos seguintes vídeos podes ver o talento do noso alumnado encima das táboas.

  

 

5º e 6º de EP van a piragüismo

Como ven sendo habitual no último trimestre, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria acode en dúas xornadas ao Club Náutico de Pontecesures para experimentar cun dos deportes acuáticos que máis sona ten na comarca: o piragüismo.

Polas súas verbas e facianas vese que este deporte seguirá a ter grandes siareiros nesta zona.

  

Distribuir contido


by Dr. Radut