Skip to Content

Educación Primaria

Imos a vencer!

O alumnado de 2º e 4º de Educación Primaria comenzou con moita enerxía este curso. 

En 2º inventaron esta divertida ladaíña para lembrar mellor as normas deste curso: botar xel, desinfectar as mans, manter a distancia interpersoal e levar a máscara ben colocada.

 

E desde 4º ofrécennos este rap para lembrarnos as normas que debemos seguir para non contaxiarnos. Son fenomenais!

 

Tal foi o éxito destas magníficas creacións que ata O Principiño quixo unirse para darnos os seus consellos. Podes velos no arquivo adxunto!

imaxe do principiño

Visita de Andrea Maceiras

O pasado xoves 12 de marzo visitou o noso centro a escritoria Andrea Maceiras. O encontro foi moi especial xa que comezou por amosarnos nunha presentación a información que a levou a crear a Galaxia de Oma da súa novela "Conta nove estrelas". Estreles, galaxias, nebulosos, planetas, descubridores, científicos,...todo coñecementos importantes para ela que a levaron a facer a fantástica obra que o alumnado de 5º e 6ª de Educación Primaria gozou lendo neste segundo trimestre. Moitas gracias a Andrea por transmitirnos tanto saber en apenas unha hora e contestar a todas as nosas dúbidas e inquedanzas sobre esta e outras obras da súa autoría.

Para ver toda as fotos deste encontro pica na imaxe.

Andrea Maceiras

Contacontos na biblioteca

O alumnado de Educación Infantil e de 1º e 2º de Educación Primaria puido gozar o pasado luns 9 de marzo dunha sesión de contacontos de Kalandraka por parte de Sara Lebedinsky e o músico Alex Fente. Nenas e nenos conseguiron vivir, por un momento, noutros mundos e na pel doutras personaxes.

Contacontos de Kalandraka

8 de marzo na aula de 5ºB

Con motivo da celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, na aula de 5ºB quixemos adiantarnos e reflexionar o venres anterior sobre o porque estamos a celebrar hoxe en día ese día.

Procuramos pensar adxectivos positivos que podían definir ás mulleres e sairon cousas tan bonitas como: intelixente, amable, comprensiva, xenerosa, exploradora, forte, pioneira, curiosa, incansable, incrible, revolucionaria, aventureira, amigable, sabia, decisiva, impetuosa, didicada, excelente, libres, sorprendentes, deslumbrante, pertinente,...e moitos máis!

A nosa misión agora era facer pareados en pequenos grupos empregando eses adxectivos e que respondera ao lema "Porque teñen que saber o que vallo como muller". Logo fixemos unha votación para saber de toda esa morea cales serían os gañadores para que puideran formar o noso poema adicado á muller. Con axuda da profe, que lle puxo orde a todas esas ideas, convertimos os nosos pensamentos na poesía que che amosamos a continuación.

 

 

Tamén empregamos os materiais de Os Bolechas pola igualdade para profundizar nesta temática.

Deixámosvos o enlace ao conto por se queredes visualizalo e reflexionar ao igual que fixemos nós.

Competicións de 5º e 6º de E.P. no Programa Xogade

Nos inicios do mes de Febreiro as alumnas e alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria tiveron sendos encontros co CPI Progreso de Catoira dentro do Programa XOGADE. Nestas competicións, tanto en Pontecesures como en Catoira, o alumnado disputou partidos de diferentes deportes, o que repercute na atención ás diferentes capacidades e preferencias de todas e todos.

Esperamos que disfrutedes co vídeo desta nova.

 

O alumnado de 4º participa en XOGADE

Nesta ocasión, o alumnado de 4º de Educación Primaria visitou o CPI de Progreso de Catoira para participar no programa XOGADE.

No seguinte vídeo poderedes ver o esforzo que puxeron tanto o alumnado de Pontecesures como de Catoira en cada un dos xogos.

 

UNBOXING ALICE

"UNBOXING ALICE" é o título da obra teatral que o 3º ciclo de Educación Primaria puido gozar no Auditorio Abanca de Pontevedra o pasado venres 24 de xaneiro. A obra mesturou escenas do conto tradicional con outras máis actuais onde Youtube e os videoxogos tiñan unha gran presenza; e todo isto cun alumnado ben atento para non perder detalle pois...vimos a obra en inglés!

Quedou ben claro que o noso alumnado está totalmente inmerso nun mundo globalizado, demostrando así que non so desfrutan da cultura nas nosas linguas nais senon que saben adaptarse a calquera situación. E como mostra cabe destacar a participación como actores de dous dos nosos: Leire e Guido!

Noraboa aos dous pola vosa interpretación!

Obra de teatro Unboxing Alice

Despois da obra, e cun tempo do máis agradable, merendamos (coa compaña das pombas) na Praza da Ferrería para repoñer forzas e así poder facer unha visita guiada pola Pontevedra máis medieval, deténdonos na igrexa da Peregrina, co Loro Ravachol, nas prazas da Leña e a Verdura e mesmo pescudando os diferentes escudos que adornas as fachadas de moitas edificacións.

Grazas Silvia por amosarnos todos eses misterios agochados da cidade!

Iniciación á robótica

O venres 24 de xaneiro, o alumnado de 2º de Primaria iniciouse nas actividades de STEM, un obradoiro impartido polo coordinador do Centro de Robótica de Galicia. Estas actividades conxugan varias disciplicas como poden ser as ciencias e as matemáticas, traballándoas a través da tecnoloxía. Neste caso, empezaron a empregarse os escornabots, uns pequenos robots que fan que o alumnado desenvolva non so a súa imaxinación e creatividade, senón o uso da lóxica e razoamento para resolver os retos propostos.

Iniciación á robótica

Encontro do programa XOGADE

O alumnado de 5º de Educación Primaria do CPI do Progreso, de Catoira, visitou o pasado xoves 23 de xaneiro o noso centro para celebrar unha nova xornada da competición deportiva XOGADE. Alumnado visitante e alumnado do CPI de Pontecesures, tamén de 5º de E.P. competiron nesta xornada nos seguintes deportes: baloncesto, balonmano e hockey.

Competición programa Xogde

Patinaxe sobre xeo

O pasado 19 de decembro, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, puidemos gozar patinando sobre o xeo na pista situada en Área Central (Santiago de Compostela)

 

Distribuir contido


by Dr. Radut