Skip to Content

Educación Primaria

Excursión fin de curso 3º e 4º de Primaria

Neste curso 2018/2019, as aulas de 3º e 4º de Primaria organizaron a súa excursión de fin de curso dun xeito moi especial: unha visita ao Acuario de O Grove, a Punta Moreiras e unha camiñata pola Ruta da Auga e da Pedra. As caras de todos dan boa conta do moito que gozaron desta saída!

 

Actividade naútica en Vilagarcía de Arousa

O pasado 31 de maio, o alumnado de 5º de Educación Primaria gozou dunha xornada de iniciación á vela, no Club Galego de Vela de Vilagarcía de Arousa. Se queres ver que ben o pasaron bótalle unha ollada ao seguinte vídeo!

 

Visita de Abraham Carreiro

Hoxe visitou a nosa biblioteca Abraham Carreiro, ilustrador e coescritor do libro Xoeliki, as aventuras dun ciberpirata. A nosa sopresa foi que non veu el so, senon que trouxo consigo a Xoeliki, o protagonista do libro; Ari, a mellor amiga de Xoeliki; Profesor Barbabranca, o director da escola pirata; Maverik, un dos hacker experimentados desa escola pirata; a  Mr Virus, o gran maligno desta historia; e ao director do cole no que estudan os nosos pequenos ciberpiratas.

Velos aparecer pouco a pouco ante os nosos ollos foi das mellores experiencias que viviu o noso alumnado nestes últimos días!

Moitas gracias Abraham por achegarnos o teu traballo.

Piragüismo no Club de Pontecesures

O pasado xoves 23 de maio, o alumando de 5º e 6º de Educación Primaria iniciouse na práctica do piragüismo. Gozarán desta disciplina acuática unha xornada máis, pero queríamos ver como o pasaran no seu primeiro día. A xulgar polas fotografías, pensamos que irán con moita enerxía á súa segunda xornada!

Alumnado de 5º e 6º en piragüismo

Roteiro literario 2º ciclo

O pasado venres 3 de maio, e despois de ler a novela de Pere Tobaruela "Catro pedras vellas", o alumnado e profesorado de 3º e 4º de Educación Primaria fixo unha excursión polos lugares mencionados nela. Por unhas horas imaxinaron a Xela, a Fuco, a Carlos e a Ana vivindo emocionantes aventuras polas corredoiras de Angueira de Castro, no concello de Rois. Foi marabilloso!

 

Visita de 5º e 6º de E.P. a Campo Lameiro

O pasado 30 de Abril, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria fixo unha visita ao Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro. Alí non so puideron apreciar os diferentes petroglifos que se atopan no recinto do parque, senon que se adentraron na recreación dun poboado para entender como puido ser a súa vida e costumes. Tamén fixeron o taller de Graffitis na Prehistoria onde aprenderon unha das técnicas empregadas na antigüidade...despois de facer os seu propio pigmento!

Que día tan especial!

 

Día do libro

Como cada curso, celebramos o Día do Libro no centro cos relatos do noso alumnado. Despois da elaboración, revisión e entrega, chega o momento máis especial e o que máis nervios provoca: coñecer aos premiados. Nesta ocasión, houbo participación das aulas de Educación Infantil e de aulas de Educación Primaria. Noraboa a todas e todos polo esforzo!

En breve poderedes ler todos os relatos premiados!

alumando de infantil no día do libro

alumnado de segundo ciclo no día do libro

alumnado de terceiro ciclo no día do libro

Charla do escritor Nak Wolf

O escritor Nak Wolf visitou o centro para adentrar ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria no mundo fantástico que creou na súa primeira publicación: "La Leyenda de...La espada de Orec". Esta é a primeira dunha saga que está en proceso de escritura e que, dende hoxe, terá novas e novos seguidores.

Na charla, o alumnado ademais de coñecer a novela, puido investigar sobre os comezos do escritor, descubrindo a relación que tivo o mundo dos videoxogos coa literatura fantástica que lee e escribe.

Gracias Nak, por compartir esta xornada con nós e transmitirnos a importancia que deben ter os libros nas nosas vidas!

charla Nak Wolf

Easter Eggs

A sección bilingüe de 1º e 2º de Educación Primaria celebrou nestes días o Easter Eggs, unha forma diferente (e saborosa) de conmemorar a nosa afamada Pascua. Estamos seguros de que o alumnado gozou enormemente con esta actividade. A nós so nos queda desexarlles:

Happy Easter e bo proveito!

Distribuir contido


by Dr. Radut